Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP considera fracasado os modelos deportivo e educativo de Burela

Nota de Prensa

O GMPP: “as escolas deportivas hai que pagalas. ¿Donde está a gratuidade anunciada polo bipartito?”.

O PP denuncia a ausencia de subvencións directas do concello ós centros de ensino.

Os populares consideran fracasado os modelos deportivo e educativo do bipartito burelés e piden que se axude ós clubes, colexios e asociacións.

O Grupo Municipal Popular (GMPP) de Burela manifestou hoxe en rolda de prensa que o bipartito burelés está a deixar de manifesto que moitos dos seus compromisos en materia de deporte e educación son papel mollado.

O GMPP puxo exemplos para demostrar as súas afirmacións. En materia de deporte, os populares indicaron que o bipartito incumpliu o seu compromiso de que as escolas deportivas foran gratuitas para os nenos e nenas participantes nas mesmas. Agora mesmo hai clubes que, ainda que teñen subscrito convenio a tal efecto co concello, van ter que cobrarlles ós participantes nas escolas póla sinxela razón de que o concello ainda non lles pagou o sesenta por cento do que lles adebeda da temporada 2009-2010, em total ó redor de trinta mil euros. Os clubes con convenio co concello son o Burela Fútbol Sala, a S. D. Burela e o Clube de Baloncesto Burela.

Os populares lembran que os membros do bipartito fartáronse de decir que as escolas deportivas serían gratuitas na súa totalidade, e resulta que agora se demostra que era mentira o que decían e que enganaron ós veciños e veciñas deste concello. Agora, moitos pais e nais de alumnos van ter que pagar bastante máis dos sete euros mensuais que custaban cando gobernaba o PP; se sete euros eran moitos, máis o son vinte, e eso gracias á política deportiva do bipartito burelés.

Os populares consideran que esta política de anuncios que non se cumpren é o mínimo común denominador da política do bipartito: digo e non faigo.

E esta mesma cuestión trasládana ó  mundo do ensino. Os centros de ensino, que durante o goberno do PP tiveron subvencións directas para actividades, levan dous anos sen contar con eses cartos e este curso que comenza tampouco terán aportacións económica municipal para actividades extraescolares. Ademais, compre destacar que os vixiantes de comedor e as actividades de tarde para facilitar a xornada única xá eran abonadas polo concello durante o goberno municipal do PP. Pois ben, co PP, ademais do indicado, tamén había contías para cada centro de ensino para excursións, etc., que agora teñen que ser abonadas polos alumnos participantes e polos centros de ensino, o que representa un claro retroceso nesta materia.

Polo tanto, e tendo en conta que tampouco as asociacións culturais contan com axudas municipais, temos que concluir que o bipartito incumple os seus compromisos públicos. A solución pasa por reducir o despilfarro e o derroche e facer as aportacións correspondentes ós clubes, ós centros de ensino, e ás asociacións, para que poidan traballar e desenvolver de forma satisfactoria as súas actividades .

Exit mobile version