Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de A Mariña pedirá aos plenos municipais que rexeiten a suba do recibo da luz

Nota de Prensa

O incremento do prezo da electricidade un 4,8 por cento prodúcese despois de terse encarecido en máis dun 26% o recibo do usuario medio nos últimos 30 meses

Os populares da Mariña pedirán que os plenos municipais rexeiten a suba do recibo da luz aprobada polo Goberno de Zapatero

•    En plena crise o Executivo socialista non deixa de elevar os impostos e os prezos dos bens de consumo máis básicos o que prexudica de xeito especial ás familias, PEMEs e autónomos.

A Mariña, 26 de setembro de 2010.-  Os distintos grupos municipais do Partido Popular na Mariña lucense levarán aos seus respectivos plenos unha moción pola que piden que o Goberno de Zapatero non aplique a suba prevista na factura eléctrica.

Segundo explican os  populares o anuncio efectuado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, provocou grande malestar entre os veciños da comarca pois observan como en plena crise o Executivo socialista non deixa de elevar os impostos e os prezos dos bens de consumo máis básicos, o que prexudica dun modo directo ás familias con rendas máis modestas. Tampouco se libran deste aumento no prezo do recibo da luz as PEMEs e autónomos para os o consumo de electricidade é un gasto fixo con difícil aforro.

O incremento do prezo da electricidade un 4,8 por cento prodúcese despois de terse encarecido en máis dun 26% o recibo do usuario medio nos últimos 30 meses, cunha última subida o pasado mes de xaneiro que representou un incremento do 2,6%.

Dende o PP salientan que xa veñen advertindo dende hai tempo o contraproducente que pode resultar para a xa delicada situación económica a aplicación de medidas de esta índole, e lembran, de feito, que xa advertían deste incremento

Exit mobile version