Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela dará conta aos afiliados do feito durante os últimos meses

NOTA DE PRENSA

O PP burelés celebra mañán unha asamblea de afiliados.

Os populares preparan o traballo para as eleccións municipais.

O Partido Popular de Burela celebra mañán, martes, unha asamblea de afiliados ás oito da tarde na antiga biblioteca municipal. Segundo os portavoces do Comité Local do PP burelés, Raquel Río e Bruno Pedre, “esta asamblea vai servir para dar conta do traballo feito durante os últimos meses, por un lado, e para preparar o camiño de cara ás próximas eleccións municipais, por outro”.

Os portavoces do comité local burelés indican que “desde finais de abril, data de celebración da anterior asamblea, o partido non parou a súa actividade, e tampouco no verán, xa que en distintas reunións definíronse unha seria de pautas a seguir de cara a programar o traballo para encarar con garantías as eleccións municipais de maio de 2011”. Río e Pedre engaden que “eses liñas de traballo son as que se van a dar a coñecer ós afilidados para que estes opinen e adopten as decisións que se consideren oportunas, ademais de concretar gran parte da actividade que se tén que realizar nos vindeiros oito meses”.

Ademais, Raquel Río e Bruno Pedre manifestaron que tamén se vai informar ós afiliados do traballo desenvolto polo grupo municipal; igualmente, a presidenta de Novas Xeneracións dará conta do traballo feito pola agrupación xuvenil do PP nos últimos meses.

Os portavoces do comité local do PP burelés tamén lembran que o vindeiro sábado, día vintecinco, celebrarase a romaría do PpdeG en Silleda. O prazo para inscribirse remata este mércores, día vintedous.

Exit mobile version