Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP destaca o esforzo inversor da Xunta en Burela

Nota de prensa:
O PP destaca o esforzo inversor da Xunta en Burela.
González Barcia: “as obras de ensanche e mellora do vial interior do porto son positivas para o desenvolvemento do sector.
Portos de Galicia inviste un millón cen mil euros nas obras.

O Grupo Municipal Popular (GMPP) de Burela manifestou hoxe a súa satisfacción pólo esforzo inversor que está a facer a Xunta de Galicia en Burela durante a visita que membros do Grupo Municipal fixeron ás obras de ensanche e mellora do vial de conexión interior do porto de Burela, entre Eijo Garay e as instalacións de ABSA.
O portavoz dos populares, José María González Barcia, indicou que “estas obras son fundamentales e positivas para o desenvolvemento do sector, e facilitarán sensiblemente o tráfico entre a zona este e a zona oeste do recinto portuario”.
As obras consisten no aumento do ancho da calzada, así como na supresión de curvas, polo que se está a proceder a realizar desmonte. O presuposto das obras, que contan cun prazo de execución de nove meses, é de cento oitenta e dous millóns de pesetas, un millón cen mil euros.
González Barcia indicou que esta obra está incluída dentro do plan director do porto de Burela, que se redactara consensuadamente co sector durante o goberno do PP na Xunta e no concello. Barcia indicou tamén que se está realizando un estúdio de reordenación da dársena interior, así como da prolongación do martillo que separa a zona comercial da pesqueira, para garantir a seguridade dos barcos dentro do porto.
Os populares consideran que esta obra demostra o compromiso da Xunta que preside Núñez Feijoo con Burela en xeral e co sector pesqueiro en particular.

Exit mobile version