Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP felicítase porque o porto deportivo de Viveiro recupere a normalidade

Nota de Prensa

O voceiro do Mar subliña que non só os servizos foron recuperados senón que incluso se melloraron, xa que había algúns que o Concello tiña a obriga de prestar e non se estaban realizando, mentres que agora si están presentes

BALSEIRO FELICÍTASE PORQUE O PORTO DEPORTIVO DE VIVEIRO RECUPERE A NORMALIDADE PESE AOS ATRANCOS PROTAGONIZADOS POLO ALCALDE SOCIALISTA

* Os populares esperan que superados os primeiros atrancos, a Alcaldía coopere para evitar que volvan a repetirse situacións que só prexudican á imaxe turística dunha vila da importancia de Viveiro

Santiago, 24 de setembro de 2010.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol felicitou ao Presidente do ente público autonómico Portos de Galicia, Jose Manuel Álvarez – Campana, despois de que a súa intervención retirando ao Concello a concesión sobre as instalacións náutico deportivas de Viveiro permitise que estas recuperaran a normalidade e se restableceran todos os servizos que se viñan negando aos usuarios. “É máis, non só foron recuperados senón que incluso se melloraron, porque había algúns que o Concello tiña a obriga de prestar e non se estaban realizando, mentres que agora si están presentes”.

Balseiro coincidiu co titular de Portos de Galicia en que a intervención da administración autonómica retirando a concesión ao Concello non foi unha decisión doada, pero tivo que adoptarse á luz da magnitude das deficiencias detectadas e respondendo ademais a unha petición dos propios usuarios que con toda lóxica se estaban a sentir abandonados. O deputado popular cualificou a media de “proporcionada e xusta” e sinalou que, malia que cómpre falar de futuro aínda “quedan moitas cuestións por clarexar sobre a xestión do propio Concello de Viveiro, de feito o expediente de caducidade da concesión do porto segue en tramitación”

O voceiro do Mar quixo amosar a súa sorpresa pola actitude obstruccionista protagonizada unha vez máis polo alcalde de Viveiro, “que lonxe de recoñecer os erros na xestión do porto deportivo cando era competencia do Concello decidiu complicar máis a situación en vez de colaborar no restablecemento dos servicios que se lle viñan negando aos usuarios destas instalacións náutico deportivas”. En todo caso, o deputado popular desexou que, superadas os primeiros atrancos, a Alcaldía coopere para evitar que volvan a repetirse situacións que só prexudican á imaxe turística dunha vila da importancia de Viveiro.

Exit mobile version