Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP non aporta solucións ao conflicto urbanístico que eles mesmos crearon en Barreiros, asegura o BNG

Nota de Prensa

O BNG CONSIDERA QUE O PP NON APORTA SOLUCIÓNS AO CONFLICTO URBANÍSTICO QUE ELES MESMOS CREARON EN BARREIROS E QUE VEU PROVOCADO POLO DESCONTROL E O CAOS FOMENTADO POLO GOBERNO LOCAL POPULAR.

Barreiros, 8 se setembro de 2010. O BNG de Barreiros considera que o PP non aporta solucións ao conflicto urbanístico que eles mesmos crearon e que veu provocado polo descontrol e o caos que o goberno local popular fomentou.

Para a asamblea local do Bloque Nacionalista Galego “a grave situación urbanística do concello de Barreiros só tén un responsable: o seu alcalde e o goberno local do Partido Popular que fomentaron coa súa irresponsabilidade na xestión urbanistica a actual situación, complicada e de difícil solución, pois o que en marzo deste ano se nos anunciaba como panacea: o famoso convenio para a financiación e execución dos proxectos de urbanización, abastecemento e saneamento nos núcleos de San Cosme, San Pedro, San Miguel e Santiago de Reinante, parece ser que agora xa non é tal panacea”.

Os nacionalistas din que “ese convenio que asinaron Xunta e Deputación e que avalaron todos os grupos políticos agás o BNG, parece ser que agora se ve empañado por decisións xudiciais que arquivan provisionalmente algúns procesos xudiciais abertos. Ousexa, que aínda no hipotético caso de que a elaboración do Plan Sectorial recollido no convenio fose inminente, non se poderían reanudar os traballos nas urbanizacións cos procesos arquivados até dentro de dous anos. Polo tanto, o Plan Sectorial non soluciona os problemas como pretende facer crer Alfonso Fuente”.

Para os nacionalistas resulta “patética a nova postura do alcalde anunciando que en breve cargará contra o conselleiro se en dous meses non lle tén listo o Plan Sectorial, así como resulta patético tamén que agora lance veladas amenazas aos promotores esixíndolles a súa aportación económica ao Convenio, despois de terlles esixido, segundo recolle o convenio renunciar a calquera tipo de reclamación de responsabilidade patrimonial, tanto fronte a Xunta coma ao propio Concello”.

Desde o BNG engaden que “tendo en conta que o PP non puxo ningunha solución viable a curto ou medio prazo enriba da mesa consideramos que o anuncio por parte do alcalde do arquivo de oito contenciosos coma unha victoria na súa errada xestión urbanística, non é máis ca un brindis ao sol, e poderíaselle aplicar aquel dito de van de victoria en victoria até a derrota final”.

Exit mobile version