Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pedirá na Deputación atrasar a devolución de máis de sete millóns de euros ó Estado

Nota de Prensa

O GPPP levará ó pleno unha moción para retrasar a devolución de máis de sete millóns de euros ó Estado

Lugo, a 26 de setembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular levará o vindeiro martes ó pleno da Deputación unha moción relativa á transferencia de fondos ás administracións locais por parte do Goberno do Estado.

Nela instan á Deputación a dirixirse ó Ministerio de Política Territorial do Goberno de España para solicitarlle que deixe sen efecto a liquidación negativa correspondente a Participación nos Ingresos do Estado do ano 2008 ou que, no seu defecto, se adíe o pagamento da cantidade a devolver ata que exista un crecemento económico por riba do dous por cento anual  nun prazo de dez anos.

Os populares tamén instan á administración provincial a dirixirse ó Ministerio de Política Territorial para que o Goberno de España adopte unha medida tendente a garantir que os ingresos que percibirán as entidades locais durante o ano 2011, en concepto de Participación nos Ingresos do Estado, non sexan inferiores que os que veñen percibindo durante o ano 2010, tal e como ten realizado a Xunta de Galicia co Fondo de Cooperación Local durante o ano 2010.

Argumentan dende o GPPP na súa exposición de motivos que os datos feitos públicos polo Ministerio de Política Territorial relativos á liquidación da Participación das entidades locais nos Ingresos do Estado correspondentes ó exercicio 2008 poñen de manifesto que a Deputación de Lugo terá que devolver 7.111.392,58 euros.

Una devolución que, segundo salientan os populares, é consecuencia da falla de previsión do Goberno de España, presidido polo Sr. Rodríguez Zapatero quen, empeñado en negar as consecuencias da crise económica, presentou no ano 2008 uns orzamentos cunhas previsións de ingresos que estaban moi lonxe da realidade. Agora, engade, no peor momento da crise económica e ó tempo que experimentan unha notable baixada dos seus ingresos, as Comunidades Autónomas e as Corporacións Locais van a verse obrigadas á devolución de importantes cantidades como consecuencia dos erros do goberno socialista.

A esta situación hai que engadir, engaden dende o PP, que o Goberno de España continúa incumprindo o seu compromiso de abordar a reforma do financiamento local para garantir o principio de suficiencia das facendas locais.

Exit mobile version