Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP propón un argumentario sobre as axudas á rehabilitación e aclara que serán compatibles coas do Plan de Vivenda

NOTA DE PRENSA

Lamenta que Roel manipule falando de recortes malia que se felicita porque por fin poña interese nun ámbito no que segundo os populares, durante o seu mandato, a Alcaldía non soubo aproveitar as axudas existentes pois aínda son moitos os inmobles ruinosos ou con graves deficiencias estructurais

Balseiro replica a Roel lembrando que hoxe a Xunta dedica máis fondos para rehabilitación de Vivendas e que as axudas poden chegar ata o 75% do custe das obras

-A partir de agora as axudas para rehabilitación serán compatibles coas concedidas co mesmo fin a través do Plan de Vivenda 2009-2012, o que permitirá acadar unha subvención máxima do 75% do orzamento, mentres que ata o de agora esa porcentaxe máxima era do 50%.

A Mariña, 25 de setembro.- O deputado do Partido Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol, quixo aclarar que a porcentaxe das subvencións para rehabilitación de vivendas en conxuntos pasa do 50 ao 75 por cento do orzamento protexido, esto significa que a axuda recibida hoxe cubre en maior medida que antes o custe final das obras e, polo tanto, os gastos da rehabilitación.

COMPATIBILIDADE DE AXUDAS

O incremento da porcentaxe máxima da subvención débese a que a partir de agora estas axudas serán compatibles coas concedidas co mesmo fin a través do Plan de Vivenda 2009-2012, o que permitirá acadar unha subvención máxima do 75% e non 50% como acontecida co bipartito. Agora ambas axudas -a autonómica e a estatal- son compatibles, situación que permite compensar a reducción do importe máximo das axudas autonómicas.

GARANTÍA DE PAGOS

O deputado popular tamén aclara que lonxe de efectuar recortes, a Xunta ten incrementada a porcentaxe do orzamento que o Instituto Galego de Vivenda e Solo dedica á rehabilitación. No ano 2010 o IGVS dispón de 12 millóns de euros para este tipo de axudas. Na práctica esto significa que son axudas moito máis realistas, xa que o importe concedido se traduce no pago ao cidadán, e non como acontecía antes  co bipartito onde se creaba unha expectativa de recibir unha subvención que despois non se materializaba por falta de fondos, porque a Xunta bipartita prometía achegar máis cartos dos que de verdade existían na partida orzamentaria correspondente.

OITO ANOS PERDIDOS

Balseiro lamenta que desde a Alcaldía de Viveiro agochen esta realidade e apliquen altas doses de manipulación e demagoxia falando de recorte a pesar de que hoxe hai máis fondos adicados á rehabilitación.

En todo caso, o deputado popular, amosa a súa satisfacción porque agora, inda que sexa pola proximidade da cita electoral, o socialista Melchor Roel lembre que é preciso traballar e avanzar na rehabilitación do centro histórico da vila, un aspecto no que, durante o seu mandato e salvo contadas excepcións, non se ten destacado. De feito, un simple paseo polo casco histórico permite deducir que a Alcaldía de  Viviero non soubo aproveitar as axudas para rehabilitación e aínda son moitos os inmobles que presentan un estado ruinoso, ou deficiencias estruturais graves polo paso do tempo. Nada disto valeu para que o Alcalde adquirira grandes compromisos para o seu arranxo.

IDEAS/ ARGUMENTARIIOS SOBRE AS AXUDAS Á REHABILITACIÓN

A Xunta limitou o importe máximo das axudas a rehabilitación, pero incrementou a porcentaxe do orzamento de subvención do IGVS á rehabilitación.

Agora plantexamos axudas máis realistas, que poidan traducir no pago ao cidadán; non queremos crear unha expectativa, que despois non se traduce no orzamento correspondente. As axudas que nos concedemos tradúcese no pago. No ano 2010 o IGVS dispón de 12 millóns de euros para axudas á rehabilitación.

O actual Goberno o que fai é axustar a axuda real ao orzamento, polo que –xunto coas axudas no Ministerio de Vivenda- se incrementa o orzamento. Agora as axudas son compatibles.

A Xunta quere aclarar que a porcentaxe das subvencións para rehabilitación de vivendas en conxuntos históricos e no medio rural pasa do 50 ao 75 por cento do orzamento protexido, segundo se establece na resolución do IGVS publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado luns, 19 de xullo.

O incremento da porcentaxe máxima da subvención débese a que a partir de agora estas axudas serán compatibles coas concedidas co mesmo fin a través do Plan de Vivenda 2009-2012, o que permitirá acadar unha subvención máxima do 75 por cento do orzamento, mentres que ata o de agora esa porcentaxe máxima era do 50 por cento.

A compatibilidade das dúas axudas permite compensar o axuste do importe máximo das axudas autonómicas, que responde á necesidade de corrixir a desproporción existente nos dous últimos anos entre estas axudas e o resto de subvencións existentes en Galicia, tanto as financiadas exclusivamente con cargo a fondos autonómicos como as cofinanciadas polo Estado.

En 2008, a antiga Consellería de Vivenda e Solo elevou de maneira inexplicable o importe máximo de ditas axudas, establecendo un sistema desproporcionado en relación co resto de axudas en materia de vivenda existentes en Galicia.

Exit mobile version