Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente da Deputación presentoulle o modelo Innova-TE ao secreatrio de Administración luso

Nota de Prensa

O Presidente da Deputación exporta o modelo do Innova-TE a Portugal

– Gómez Besteiro presenta ó Secretario de Estado de Administración Local no país luso, os dous programas tecnolóxicos cos que implantará a eadministración na provincia, creando emprego e aforrando cartos ós Concellos e ós cidadáns

– O Presidente subliña a colaboración  galaico-portuguesa, a través da que se realizan investimentos na provincia por valor de 3,3 millóns de euros

– A xuntanza enmárcase na 4ª reunión do ParnetTIC, programa dotado con preto de 1,7 M€ e destinado a fomentar a sociedade da información no rural por medio da participación cidadá

– Mentres que Galicia ocupa o penúltimo posto en materia de TICs a nivel estatal, a Deputación co Innova-TE convértese na 1ª administación galega en traballar en rede con todos os Concellos que se adheriron voluntariamente ó programa

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo este xoves un encontro co Secretario de Estado de Administración Local en Portugal, José Junquera, no que lle presentou os programas tecnolóxicos Innova-TE e ParnetTIC, cos que o organismo provincial garante a implantación da administración electrónica na provincia, aforrando cartos ós Concellos e ós veciños, e crea emprego directo e indirecto coa incorporación de persoal cualificado.

A xuntanza enmárcase dentro da cuarta reunión do comité de pilotaxe do programa ParnetTIC, celebrada e organizada pola Cámara Municipal de Águeda, e na que tamén participou a Concelleira de Servizos Xerais do Concello de Lugo, Luisa Zarzuela. Gómez Besteiro, cuxa intervención foi retransmitida en directo pola televisión pública da localidade portuguesa, subliñou a satisfacción de “representar a una institución abierta las 24 horas, los 365 días del año, donde queremos que los vecinos pasen sin llamar porque la Diputación es su casa”.

Neste senso, destacou que “gracias al Innova-TE estamos experimentando en Lugo, una de las provincias españolas más envejecidas de Galicia, una profunda transformación, asentada en el paleolítico informático más conservador y que hoy lidera el proyecto más ambicioso de administración electrónica de nuestra comunidad, tanto por presupuesto como por plazos: 9 millones de euros para que en menos de un año esté implantada en toda la provincia”.

O programa tecnolóxico, co-financiado nun 70% por fondos FEDER, obtivo unha grande acollida entre as administracións asistentes, sendo considerado como un referente que vai supoñer un avance sen precedentes na provincia. Permitirá ós cidadáns en menos dun ano solventar dende Internet os trámites coa administración que agora requiren presencia física, ademais doutros novos, aforrando tempo e diñeiro. En total, poderanse realizar 120 trámites administrativos, 40 na Deputación e 80 e cada un dos Concellos do ámbito de actuación do programa.

Na actualidade, das 17 Comunidades Autónomas que conforman el territorio de la nación española, Galicia ocupa o penúltimo posto no desenvolvemento da sociedade da información, o 16 nos indicadores relativos a fogares con ordenador, acceso a internet e o 15 respecto a fogares con conexión a liñas de alta velocidade. Deste xeito, Deputación, co Innova-TE, converterase na primeira administración de Galicia en traballar en rede con todos os Concellos que quixeron adherirse voluntariamente á iniciativa.

“La modernización electrónica más que un objetivo era una necesidad. Para nosotros es fundamental acercar la administración electrónica a los ciudadanos y en especial al medio rural, ya que por sus propias características y en concreto por la orografía siempre fue mas costosa su comunicación”, apuntou Besteiro.

Colaboración galaico-portuguesa

O titular provincial expúxolle a Junquera que a colaboración galaico-portuguesa permite realizar investimentos na provincia por valor de máis de 3,3 millóns de euros a través dos programas ParnetTIC e Vías Atlánticas; iniciativa destinada á conservación e valorización de recursos patrimoniais e naturales, así como de lugares de interese arqueolóxico, a través da promoción do Itinerario turístico-cultural das antigas Vías Romanas XIX y XX de España y Portugal.

Neste proxecto, ademais do organismo provincial, participaron o Concello de Lugo; as Deputacións de Coruña e Pontevedra; as Cámaras portuguesas de Braga, Vila Verde, Ponche de Lima, Paredes de Coura e Valença; a Universidade de Santiago de Compostela e o Centro Superior de Investigacións Científicas. Contou cun orzamento global de 1.670.640 euros, dos que o 75 % foron subvencionados con fondos FEDER.

Programa complementario ó Innova-TE

Durante o encontro, Gómez Besteiro explicou as principais liñas de actuación ParnetTiC, programa complementario ó Innova-TE e destinado a fomentar a sociedade da información nos territorios rurais por medio da e-administración e da e-participación. “Con este proyecto, el hermano pequeño del Innova-TE, estimulamos y fomentamos la participación ciudadana para que no se ciña a los imprescindibles trámites administrativos. El ciudadano podrá dar su opinión a temas de interés general o del municipio, participando en la construcción y gobierno en su propio Ayuntamiento vía sms o web.”

A institución provincial é o segundo socio despois da de Coruña que máis aporta a este proxecto subvencionado nun 75% con fondos FEDER, e que ten un investimento total de 1.648.141 euros, dos que a Deputación achega 317.592.

No proxecto, ademais das administracións luguesa e coruñesa, tamén colaboran outras seis institucións territoriais de España, Francia e Portugal que comparten unha situación xeográfica e demográfica similar. É o caso das Deputacións de Huesca e Almería, o Concello de Lugo, a Cámara Municipal de Agueda (Portugal), o municipio Ville de Pau (Francia) e a Pole Universitarie Europèen de Monpellier (Francia). Ten unha vixencia de dous anos e pretende consolidar o sudoeste europeo como un espazo de cooperación territorial nos ámbitos da competitividade, a innovación, o medio ambiente, o desenvolvemento sostible e a ordenación espacial.

“En definitiva, hace siglos aquellas ambiciosas calzadas o vías romanas que unían el noroeste de España y Portugal nos pusieron a la cabeza de la civilización, hoy las vías electrónicas son las que marcarán un antes y un después. Lugo está dispuesta a seguir integrando esta vanguardia, al igual que en su día fue la primera ciudad gallega fundada por el Imperio Romano”.

Exit mobile version