Site icon Crónica3.com A Mariña

O primeiro matrimonio cervense deste ano viaxarán o 23 á cidade italiana de Cervo

Nota de prensa:
O primeiro matrimonio cervense deste anos viaxarán o 23 ao cidade italiana de Cervo
Os noivos beneficiaranse da iniciativa posta en marcha en 2008 dentro do irmandamento dos Concellos de Cervo galego e transalpino

OS PRIMEIROS CERVENSES QUE CASAN ESTE ANO VIAXARÁN o día 23 AO CERVO ITALIANO CONVIDADOS POLOS DOUS CONSISTORIOS

Cervo, 20 de setembro de 2010.- Os cervenses Iraida Labori Sánchez e Ramón Díaz Salgado -primeira parella en contraer matrimonio neste ano 2010 no Concello de Cervo- serán os agraciados coa iniciativa posta en marcha hai dous anos polos concellos galego e italiano de Cervo durante os actos oficiais do seu irmandamento celebrados no pais transalpino.

Os noivos mariñaos foron recibidos este mediodía no Concello polo alcalde, Alfonso Villares, antes de partir cara a Italia o vindeiro día 23. A súa viaxe será costeada polo Cervo galego; mentres que o Cervo italiano convidará a estes recen casados a tres días de estancia con tódolos gastos pagados.

“Do mesmo xeito -dixo Alfonso Villares- o matrimonio formado por Franco Barone e Eleanora Cuffaro, que foron os primeiros en casar no Cervo italiano, teñen previsto chegar ao noso municipio o vindeiro luns, día 27, onde serán convidados a tres días de estancia entre nos hospedándose no hostal ‘O Pazo’ de San Ciprián cuxos propietarios brindáronse moi gustosamente a colaborar nesta iniciativa, mentres que o gasto da viaxe corre por conta do Cervo italiano” indicou o rexedor.

Segundo lembrou o rexedor cervense, durante os actos de irmandamento dos dous municipios celebrados en Italia en maio do 2008, ámbolos dous alcaldes (Alfonso Villares e Vittorio Desiglioli) acordaron que a primeira parella de cada un dos dous concellos que contraera matrimonio (civil ou relixioso) cada ano sería convidada a tres días de estancia con tódolos gastos pagados no concello homónimo ao do seu orixe. Esta idea persegue potenciar o vínculo iniciado entre estes dous concellos do mesmo nome.

Exit mobile version