Site icon Crónica3.com A Mariña

O profesor Ramón Hermida Pumares incorporouse como colaborador na emisora de radio Onda Cero A Mariña

REFERENCIA

O profesor Ramón Hermida Pumares incorporouse como colaborador na emisora de radio Onda Cero A Mariña

O profesor Ramón Hermida Pumares, director de Academia A Mariña, incorporouse como colaborador da emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM). Hoxe, martes, debutou co seu comentario de opinión, que ofrecerá semanalmente, todos os martes, no programa “A Mariña na Onda”, que dirixe e presenta Beni Mántaras de luns a venres.
Na súa primeira intervención Ramón Hermida falou sobre as consecuencias do paro na Mariña.
Os comentarios do profesor Ramón Hermida son unha novidade en Onda Cero A Mariña para a tempada radiofónica 2010-2011, que acaba de iniciarse.
O programa de actualidade local e comarcal en Onda Cero mantén outro espazo de opinión: os faladoiros, que se emiten en directo dous días á semana, os luns e os xoves. Participan unha vintena de mariñáns que falan sobre asuntos de interese para a zona.

Exit mobile version