Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Burela organiza a “VI bonitada” o 18 de setembro no monte Castelo

Nota de prensa:
VI BONITADA PSdeG-PSOE BURELA

Os socialistas de Burela celebrarán unha comida de confraternización, para os afiliados, simpatizantes e agrupacións da Mariña, como é tradicional dende fai seis anos. O almorzo popular, que ten un prezo de 22 € (empanada, bonito á grella, carne ao caldeiro, postre, bebida e café) levarase a cabo na área recreativa do Monte Castelo o día 18 de setembro ás 14 horas.

Asistirán o grupo municipal de goberno, encabezado polo Alcalde de Burela, Alfredo Llano, así como o presidente da Diputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, a deputada no Congreso, Margarita Pérez Herráiz, o deputado no Parlamento de Galicia, Ismael Rego, o senador en Madrid, Luis Angel Lago Lage, así como outros cargos orgánicos provinciais e autonómicos.

O PSdeG-PSOE de Burela, conmemora esta xornada de exaltación do bonito como unha mostra de apoio aos traballadores e traballadoras que co seu duro labor ensalzan e danlle valor á marca Bonito do Norte, e así mesmo, amosase como un acto reivindicativo para seguir na liña de estar sempre na vanguardia da loita pola dignidade e igualdade no traballo. Servirá tamén para marcar as liñas de acción no futuro, tanto do grupo de goberno do Concello, como das agrupacións mariñáns e do PSdeG en xeral, ante o gran reto que se presenta para o partido nas eleccións municipais de 2010.

Exit mobile version