Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE denuncia no Parlamento o maltrato da CRTVG cos cidadáns da Mariña

Nota de prensa:
REGO DENUNCIOU NO PARLAMENTO O MALTRATO DA CRTVG AOS CIDADANS DA MARIÑA, POLA CENSURA DA MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego aseverou que o propio Director Xeral recoñeceu na Comisión que o tratamento informático a esta manifestación no foi o mais axeitado

– Preguntoulle quen dirixe a CRTVG, Alfonso Cabaleiro o Presidente Feijoo ou vostede señor Sánchez Izquierdo?, espetoulle

Santiago , 30 de setembro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego interveu hoxe na Comisión da CRTVG para reclamar explicacións pola censura da CRTVG da manifestación celebrada o pasado día 26 de xuño, en Burela, en defensa da sanidade publica. Rego cualificou esta actuación coma sorprendente.

O deputado do PSdeG-PSOE explicou na súa intervención que o pasado día 26 de xuño manifestáronse en Burela miles de persoas de toda a Mariña luguesa para protestar contra o grave deterioro e incerteza que está a sufrir a sanidade pública nesta zona. Asegura que os motivos desta protesta foron a descapitalización que está a sufrir o Hospital da Costa, o incremento insoportable das listas de espera e os desprazamentos de pacientes a outros centros de referencia. Rego tamén sinalou a posible creación dunha única área sanitaria na provincia, e denuncia que esta cuestión “téñena denunciado os propios profesionais, xa que implicaría unha grave perda de autonomía sobre a xestión e organización dos recursos, en función das necesidades da zona para unha atención máis áxil e máis humanizada na atención aos doentes”.

Con estes argumentos Rego advirte que a esta reivindicación parece que lles pasou desapercibida aos actuais rexedores da RTVG, xa que “consideraron que non merecía a pena dala a coñecer a todas as galegas e a todos os galegos, censurándoa tanto no TX das 14.30 h. como no das 20.30 h., seguro que por consideralo un exceso de pluralidade informativa no medio público”, aseverou . E proseguiu coas súas criticas “un medio que pagan os cidadáns cos seus impostos”.

Neste punto advertiu que os galegos contribúen a pagar cos seus impostos este ente publico con perto de 120 millóns de euros, por iso pregúntalle ao Director Xeral da Compañía cal foi a razón pola cal non se recolleu esta información?.

Xa no turno de replica Rego aseverou que o propio Director Xeral recoñeceu na Comisión que o tratamento informático a esta manifestación no foi o mais axeitado.

Por iso preguntoulle quen dirixe a CRTVG, Alfonso Cabaleiro ou Presidente Feijoo ou vostede señor Sánchez Izquierdo?, espetoulle.

Exit mobile version