Site icon Crónica3.com A Mariña

Os cadetes laranxas comezarán a adestrar o 7 de setembro con Julio Delgado

NOTA DE PRENSA:
OS CADETES LARANXAS COMEZARÁN A ADESTRAR O 7 DE SETEMBRO CON JULIO DELGADO

O conxunto cadete do CD Burela FS comezará a preparación 2010-11 o vindeiro martes, 7 de setembro, baixo as ordes de Julio Delgado, ex-xogador laranxa que xa compartiu responsabilidades técnicas con Suso Rey no primeiro equipo masculino a tempada pasada.

O club empraza para a primeira sesión de adestramento, o día 7, a todos aqueles rapaces nados entre 1995 e 1996 que estean interesados en formar parte do equipo cadete laranxa. Será no pavillón dos Castros, ás 20.00 horas.

ESCOLA. Durante estes días, a EDM Burela FS tamén está recibindo as matrículas dos máis pequenos, cuxo prazo estará aberto ata o 10 de setembro. Poden inscribirse na escola laranxa 2010-11 os nenos e nenas de entre 6 e 16 anos (nados entre 1997 e 2004), dende a categoría prebenxamín ata a infantil.

Exit mobile version