Site icon Crónica3.com A Mariña

Os PP de Burela afirman que este ano non se solicitou subvención para a apertura de centros educativos fóra de horario escolar

Nota de Prensa

O GMPP: “o bipartito burelés perde subvencións porque non as pide”.

Os populares afirman que este ano non se solicitou subvención para a apertura de centros educativos fóra de horario escolar.

Consideran que no bipartito non hai compromiso nin pola educación nin polos servicios sociais.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela afirmou hoxe que “o bipartito burelés perde subvencións porque non as pide, e logo di que a Xunta do PP marxina a Burela”.

Os populares poñen como exemplo as axudas concedidas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia para a apertura de centros educativos fóra do horario escolar para conciliar a vida familiar e laboral. Segundo o GMPP, “o pasado quince de setembro publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución de concesión de subvencións, na que aparecen cento setenta e un concellos beneficiados e só catro excluidos. Resulta que Burela non aparece por ningunha parte, porque non solicitou a subvención. Desde as filas do PP pregúntanse como se pode ignorar unha subvención tan importante tanto económica coma socialmente, porque no exercicio de 2009 o concello de Burela tivo unha subvención, por este mesmo concepto, de 18.079’98€.

Outros concellos, coma Foz ou Cospeito, tiveron axuda o ano pasado e volveron a tela este ano; e outros que o ano pasado non a tiveron, este ano téñena porque traballaron. En Burela é xustamente ó revés, tívose axuda o ano 2009 e este ano non se solicita.

Para o GMPP, que o bipartito non pida unha subvención como esta quere decir que o discurso de compromiso pola educación e polos servicios sociais é só fume, que busca enganar á xente e captar votos. Pero tamén demostra que os membros do bipartito burelés non traballan ou traballan pouco, e que só están no concello por intereses propios.

Resulta sorprendente que para abrir os colexios e poder conciliar a vida familiar e laboral non se pidan subvencións, cando se gastan dezasete mil cincocentos euros do Plan E nun curso de jazz. Xa non resulta tan sorprendente se temos en conta que no ano 2009 o concello tivo que devolverlle á Xunta cincuenta mil euros que viñan destinados para dependencia e que non foron capaces a gastalos. Así se demostra o compromiso coa educación e cos servicios sociais. Polo tanto, pedímoslle ó bipartito que pida subvencións, porque o feito de non pedilas demostra escaso interés en millorar os servicios municipais, e que non lle minta ós cidadáns descargando a súa responsabilidade na Xunta de Galicia.

E fundamentalmente “responsabilizamos ó alcalde desta situación, xa que é incapaz de facer o labor de coordenación entre os distintos concelleiros delegados: non tén autoridade nin entre os seus compañeiros e moito menos dentro do bipartito, cada un vai ó seu aire e así lle vai a Burela é ó concello, mal e a peor”.

Exit mobile version