Site icon Crónica3.com A Mariña

Portos de Galicia anuncia que en outubro remata as obras do edificio de servizos portuarios de Ribadeo

Nota de Prensa

O edificio, de forma rectangular, vai situado no bordo marítimo, na área comercial da explanada portuaria

PORTOS DE GALICIA REMATARÁ EN OUTUBRO AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DO EDIFICIO DE SERVIZOS PORTUARIOS DO PORTO DE RIBADEO

* O fin é o de dotar ás instalacións portuarias dunhas oficinas para uso de gardapeiraos e outros usos vencellados ao funcionamento do porto

* Está  adosado na súa parte posterior á  nave de almacenamento e ten unha altura de pouco mais de sete metros con cuberta plana, organizado en planta baixa e planta primeira

Santiago, 7 de setembro de 2010.- Portos de Galicia ten previsto rematar a finais do vindeiro mes de outubro das obras de construción dun edificio servizos portuarios no porto de Ribadeo, na provincia de Lugo, cuxo fin é o de dotar ás instalacións portuarias dunhas oficinas para uso de gardapeiraos e outros usos vencellados ao funcionamento do porto. Esta actuación conta cun presuposto de 461.123,28 euros.

O edificio, de forma rectangular, vai situado no bordo marítimo, na área comercial da explanada portuaria, e disporá de todos os servizos urbanísticos con acceso rodado polo Oeste. Configurase como edificio adosado na súa parte posterior á nave de almacenamento e ten unha altura de pouco mais de sete metros con cuberta plana, organizado en dous niveis, planta baixa e planta primeira. Na parcela donde vai emprazado  existía unha nave adosada na cara Sur do edificio que foi demolida.

O obxectivo desta actuación  é a de dotar ao porto de Ribadeo de instalacións adecuadas e idóneas desde o punto de vista operativo para os gardapeiraos que desempeñan as súas labores nas instalacións portuarias.

Con este fin, inclúense no edificio oficinas de servizos portuarios, despachos e sala de reunións, servizos hixiénicos e vestiarios, ademais dun almacén-garaxe con acceso independente e conexión interior co resto do edificio. Así mesmo se dispón, cun funcionamento totalmente independente, o despacho e vestiario para uso do práctico do porto.

Exit mobile version