Site icon Crónica3.com A Mariña

Remataron as obras do contorno da igrexa de San Pedro de Alcántara en Mondoñedo

Nota de Prensa

ANTONIO VEIGA ASISTIU AOS ACTOS DE INAUGURACIÓN DA OBRA DE SAN PEDRO DE ALCÁNTARA

O delegado de Cutura da Deputación tamén asistiu ao espectáculo musical Iacobus, que a Escola de Música de Mondoñedo estreou para a ocasión

MONDOÑEDO, 13 de setembro de 2010. O delegado de Cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, visitou esta tarde a igrexa de San Pedro de Alcántara, en Mondoñedo, onde se realizaron obras co obxectivo de restaurar e rehabilitar o monumento e o seu contorno, xa que tamén se acondicionaron varios espazos que rodean o edificio.

Aos actos desta tarde, que se enmarcan no programa das festas dos Remedios que se celebraron a pasada fin de semana no concello, tamén asistiron o alcalde mindoniense, Orlando González, o concelleiro de Cultura, Xusto Fernández, e o subdirector xeral de Arquitectura do ministerio de Vivenda. Tralo acto de inauguración destas obras nas que se acondicionou unha praza, xunto á igrexa, que levará o nome de Xaime Cabot, tivo lugar o espectáculo que a Escola de Música de Mondoñedo preparou especialmente para a ocasión.

A representación, titulada Iacobus, está ambientada no século XII e conta a historia dun rapaz e as súas experiencias recorrendo o Camiño de Santiago, arrancando no porto de Porcillán ribadense,  e  mostra o forte vínculo que une ao protagonista coa súa terra e as súas raíces. O libreto e os traballos de instrumentación, así como a preparación vocal e a dirección dos alumnos e alumnas que participan na representación, foron elaborados por dous mestres da Escola, Xulia Nogueira e Xan Carballal.

Exit mobile version