Site icon Crónica3.com A Mariña

Denuncian que romperon a placa na memoria dos represaliados no Vicedo colocada no mirador de San Roman

NOTA DE PRENSA:
Riveira esixe unha condea dos grupos da Corporación.
Rompen a Placa na memoria dos represaliados no Vicedo
A Asemblea Local do Bloque Nacionalista Galego denunciou na xornada de hoxe que a placa colocacada o pasado Sábado no mirador de San Roman do Val en lembranza aos represaliados do Vicedo foi victima dunha agresión por parte duns descoñecidos, que deixaron prácticamente destruido este recordo a todos aqueles que loitaron por unha sociedade máis xusta e merecente do nome de democrática. Segundo afirmou Susana Ribeira “non se trata dun acto de mero vandalismo, que tamén é que indica moi ben o perfil de xente ao que pode molestarlle unha lebranza deste tipo, senón que a súa intencionalidade vai máis alá na medida que significa invalidar os valores da democracia e da tolerancia”.
A Portavoz Municipal do BNG denunciou o que considera “unha falta de respecto a memoria dos veciños de Vicedo que foron victimas do franquismo e outra segunda ofensa aos familiares daquelas persoas que participaron masivamente no acto do sábado, onde se concentraron tanto descendentes de veciños do Vicedo que sufriron a represión como descendentes daquelas persoas que abandonaron Galiza pola Praia da Abrela camiño do exilio francés”. Neste sentido Riveira esixiu “que os grupos políticos que forman parte da Corporación do Vicedo co alcalde a cabeza desautorizen e denuncian estes actos vandálicos que deixan ás claras o perfil dos agresores pero que non teñen cabida nunha sociedade que se dí democrática. Calar diante disto é ser complice, non só da agresión, senón da ideoloxía que se agocha tras aqueles que se opoñen ao recoñecemento social de tantas familias do noso Concello”.
A Portavoz dos Nacionalistas do Vicedo aseverou que “non nos van a calar, podeno telo por certo, e imos volver restituir a Placa ao seu estado, porque a súa significación vai máis alá do monumento, a súa restitución é o recoñecemento a aqueles que morreron sen coñecer aos seus fillos, a aqueles fillos como algúns dos que estaban presentes no acto que non viron nunca unha imaxe do seu pai, e tamén o recoñecemnto a aqueloutros que se criaron no exilio e que seguen a vivir no exilio frances cos seus pais exiliados, como outro dos alí presentes e en definitiva é o recordo a todos os que sufriron no Vicedo por defender os valores da democracia. Nos sentimonos orgullosos dese Vicedo, e facemos estensíbel ese orgullo aos familiares dos represaliados os que nos acompañaron en Abrela e en san román e os que non poideron estar con nos”.
Susana Riveira rematou anunciando “que este acto, repudiábel desde todos os puntos de vista, vai ter a sáu resposta, pero unha resposta de democratas que non é outra que volver a homenaxear aos nosos represaliados, restituir a praca, recuperar a memoria e o patrimonio político do periodo republicano e seguer a defender no Vicedo políticas de esquerda, que son as que benefecin as maiorías sociais, as que defenden trtar as persoas con equidade. Esa é a diferencia entre os que acreditamos na democracia ou non. O pasado sábado en Vicedo, tanto na Abrela como en san román, houbo moitas bágoas, moitas emoción contidas que saltaron tras outros tantos anos de silencio, moita alegría de quen vía como se restituian a memoria propia ou as dos seus, nenos, maiores e non tan maiores que tiveron un momento de felicidade. Que saibán, foran quen foran, os que destrozaron a placa que non lle imos deixar que non rouben o dereito a memoria e moito menos a unha sociedade máis xusta”.

Exit mobile version