Site icon Crónica3.com A Mariña

Satisfacción do alcalde de Barreiros polo tipo de xestión aprobado para os parques de bombeiros

Nota de prensa:

SATISFACCIÓN DE ALFONSO FUENTE DESPOIS DE APROBARSE O TIPO DE XESTIÓN DOS PARQUES DE BOMBEIROS NO PLENO DO CONSORCIO PROVINCIAL CELEBRADO ESTA MAÑÁ. O ALCALDE CONSIDERA QUE A XUNTA ESTÁ A IMPULSAR A POSTA EN MARCHA DESAS INSTALACIÓNS.

Barreiros, 27 de setembro de 2010. Satisfacción do alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, despois de aprobarse o tipo de xestión dos parques de bombeiros no pleno do consorcio provincial celebrado esta mañá. O rexedor considera que a Xunta está a impulsar a posta en marcha desas instalacións.

Fuente Parga dixo que “hoxe aprobábanse no pleno do consorcio provincial de bombeiros cuestións moi importantes para o noso concello, aprobóuse o tipo de xestión e o pliego de cláusulas para sacalo a concurso. É un paso adiante do parque de bombeiros e quedou de manifesto que a Xunta, a través da Consellería de Presidencia, está a impulsar a posta en marcha de ditas instalacións”.

O alcalde engadiu que “tamén coñecemos hoxe que unha vez publicado todo esto nun prazo de 20 días, algo que en total levará un mes, sumado á selección posterior de persoal e ás 225 horas de formación que terán que facer nos levará que ata marzo ou abril non se poida aperturar o parque. Dixérase que se podería abrir en xaneiro, pero agora haberá ese retraso que se debe á formación do persoal. É unha boa noticia que se fagan as adxudicacións, que se publiquen no BOP e no DOG estas resolucións e que se proceda á adquisión dos vehículos pendentes de comprar e o equipamento das bombas nodrizas”.

Alfonso Fuente destacou que “todos os parques, incluido o de Barreiros, terán un vehículo para actuar en altura, o de Barreiros será o que poderá facelo en alturas máis elevadas, tendo en conta que traballará en Ribadeo e en Foz, onde hai edificio moi altos por iso se ubica ese camión no parque de Barreiros”.

Exit mobile version