Site icon Crónica3.com A Mariña

Un cento de persoas inscribíronse en Burela para participar no proxecto “Pacto provincial polo emprego”

Nota de prensa:

PRETO DE 100 PERSOAS SE INSCRIBIRON NO CONCELLO DE BURELA PARA PARTICIPAR NO PROXECTO PACTO PROVINCIAL POLO EMPREGO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO. OS INTERESADOS AÍNDA PODEN ANOTARSE ATA O 30 DE SETEMBRO.

Burela, 28 de setembro de 2010. Preto de 100 persoas se inscribiron no Concello de Burela para participar no proxecto Pacto Provincial polo Emprego da Deputación Provincial de Lugo. Desde a Concellería de Emprego e Formación queremos lembran que están abertas as inscricións ata o día 30 de setembro.

Sonia Fraga e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, explican que “dito pacto está enmarcado e financiado nun 80% polas axudas do F.S.E. e foi promovido pola Deputación de Lugo e o Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social- INLUDES, para que todos os Concellos da provincia poidan beneficiarse destas axudas, agás Lugo cidade, por ser beneficiario directo. As finalidades deste proxecto son, entre outras, favorecer a creación de emprego estable de calidade, promover a inclusión social de colectivos desfavorecidos e promover tamén a igualdade de xénero e de oportunidades”.

O requisito indispensable para anotarse no proxecto é estar inscritos como demandantes de emprego no servizo público de emprego e empadroados nalgún Concello do ámbito de actuación. Tódolos desempregados que participen no proxecto recibirán unha axuda por nunha contía mensual non superior ó 75% do IPREM.

As accións formativas que se ofrecen divídense en dous bloques, diferenciando formación específica e complementaria:

ESPECIFICA:

* Atención socionanitaria a persoas no domicilio (640 horas)
* Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (490h)
* Servicio de restaurante (620h)
* Operacións básicas de pisos e aloxamentos (420h)
* Promoción turística local e información ó visitante (730h)
* Aproveitamentos forestais (640h)
* Operacións auxiliares de fabricación (380h)

FORMACIÓN COMPLEMENTARIA:

* Coidador de discapacitados físicos e psíquicos (200 horas)
* Atención especializada de enfermos de Alzheimer (250h)
* Técnicos de transporte sanitario (385h)
* Auxiliar de enfermería xeriátrica (300h)
* Monitor sociocultural (300h)
* Monitos de actividades de tempo libre infantil e xuvenil (275h)

Desde o Concello de Burela subliñan que “as persoas interesadas en realizar a matrícula empadroadas en Burela deberán dirixirse ás instalacións do departamento de Emprego do Concello (Avenida Arcadio Pardiñas, 137, entrechán. Tlf: 982 581 630) ata o próximo xoves 30 de setembro en horario de 09.00 a 14.00h. Para anotarse, deberán aportar o DNI, tarxeta de desemprego, certificado de empadronamento e acreditación dos estudios oficiais rematados (este requisito non é necesario nin para inmigrantes nin para menores de 30 anos). En caso de familia numerosa, o libro de familia; no caso de precaridade económica, deberase acreditar tal situación e o certificado de minusvalía, no seu caso”.

Sonia Fraga contou que “dende o 7 de setembro ata a actualidade, no Concello de Burela recolléronse un total de 97 inscricións, dato que se prevé será maior ata o remate da data de inscrición prevista para pasado mañá 30 de setembro”.

Exit mobile version