Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación As Espalladoras pediron colaboración ao concello de Cervo para crear un museo etnográfico

Nota de Prensa

‘AS ESPALLADORAS’ SOLICITAN COLABORACIÓN AO CONCELLO PARA CREAR UN MUSEO ETNOGRÁFICO

* A súa intención  é poñer en valor tódolos utensilios, ferramentas, mobles e materiais que se utilizaban habitualmente na vida cotiá  das aldeas e que foron recompilando e restaurando ao largo destes últimos anos

Cervo, 1 outubro de 2010.- As responsables da Asociación de Mulleres Rurais ‘As Espalladoras’ entrevistáronse no día de hoxe no Concello co alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e coas concelleiras Pilar Armada (Mantemento Xeral e Coordinación das Instalacións Municipais) e Yolanda Pedreira (Patrimonio Cultural) para solicitar dos responsables locais o seu apoio para facer un museo etnográfico dentro do termino municipal.

Segundo indicou Inés Cobas, responsable do colectivo feminino, a intención das ‘Espalladoras’ é poñer en valor tódolos utensilios, ferramentas, mobles e materiais que se utilizaban habitualmente na vida cotiá das aldeas e que dende a asociación foron recompilando e restaurando ao largo destes últimos anos. “Unha vez feito o traballo de recuperar estas pezas o que pretendemos agora é poder contar cun recinto ou lugar onde se podan expoñer ao público de forma permanente. Por iso esta entrevista co Concello” sinalou a presidenta das ‘Espalladoras’.

As pezas que posúe o colectivo de mulleres rurais están relacionadas cos modos tradicionais de vida na Galicia rural, excluíndose os aspectos de etnografía pesqueira, e pódense clasificar en apeiros agrícolas, ferramentas para a transformación da madeira, útiles de cociña, enxoval doméstico, de uso gandeiro, útiles de caza, ferramentas para a transformación do ferro, formas de iluminación, instrumentos musicais, utensilios para a produción doméstica téxtil, medios e accesorios de transporte, de uso litúrxico, mobiliario popular, sistemas para pesar e medidas de capacidade, utensilios para a transformación da pedra, indumentaria, calzado e adorno persoal e outros obxectos.

Pola súa banda, os representantes do Goberno local valoraron moi positivamente a iniciativa das ‘Espalladoras’ e adiantaron que brindarán o apoio do Concello para que estas pezas recollidas por este colectivo rural podan permanecer expostas “porque pensamos que é necesario difundir esta riqueza e esta visión positiva da Cultura Tradicional na nosa sociedade” salientou o alcalde, Alfonso Villares.

Exit mobile version