Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Cultural Arrincadeira e ANPA do colexio de Riotorto celebran a “IV Festa das cabazas”

s

Nota de Prensa

Festa das Cabazas. Noite do 31 de outubro na praza das Rodrigas

Chega o día de Defuntos. En todas as partes comezamos a ver cabazas que representan caras aterradoras que nos invitan a celebrar o Halloween. Pero, ¡atención!, non é americano todo o que o parece. Ata hai trinta anos por moitas aldeas de Galiza tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai mais lugares nos que se está a recuperar esta tradición na forma da festa do Samaín.
Se se busca en libros de etnoloxía polas celebracións que se fan no país con ocasión do día de Defuntos, atoparemos unha serie de costumes ancestrais propias. Desde o deixar un oco na mesa ou racións de comida para os defuntos ata facer colares coas castañas novas. A pouco que se pregunte a persoas de máis de corenta anos de diferentes puntos da nosa xeografía lembran que tamén era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles un pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar ós viandantes. Todo isto con ocasión da festividade dos Defuntos, o dous de novembro. Este costume coincide co americano de Halloween e aínda co máis antigo celta do Samaín, no que eran os cranios dos inimigos os que brillaban na escuridade con candeas no seu interior.

A asociación Cultural Arrincadeira organiza en colaboración coa ANPA do colexio de Riotorto a IV Festa das cabazas. A partir das 10 da noite apagaranse as luces da praza das Rodrigas e comezará o magosto e máis a actuación de lalinense Celso Fernández Sanmartín co espectáculo “Contos que non falten”.  E unha boa oportunidade para disfrutar dun dos mellores contacontos da actualidade.

Exit mobile version