Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Pasiño a Pasiño de San Cibrao programa actividades

Dia de San Cibrao, que foi o pasado domingo e que pasiño a pasiño celebrou, organizando unha mañá moi, moi divertida. Tivemos actuación de Os Ghazafelhos, cos Contos para Escagarriñarse, e non defraudaron, rímonos a esgalla. Son boísimos!!  e logo ó remate dos contos actuaron os nenos de Pasiño a Pasiño e as mamás, facendo unha coreografía conxunta do Waka-Waka, guiados por Berta Balseiro de Viveiro. Que esta tarde comezan os ensaios de Ballet, e case non quedan prazas, e mañá comeza o curso de debuxo para todas as idades da man de Reina María Fernández

Exit mobile version