Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación xuvenil As Minas de A Pontenova organiza actos culturais

Nota de prensa

Daniel Veiga, presidente da recentemente creada ASOCIACION XUVENIL “AS MINAS”, de A Pontenova, explica que a iniciativa de crear esta asociación xurdiu a raiz de me enterar das axudas que estaba a dar a XUNTA DE GALICIA a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o seu programa INICIATIVA XOVE para as iniciativas que tiveran as asociacións xuvenís, entón decidín crear unha asociación xuvenil co ánimo de organizar unha serie de eventos nos que se involucre de xeito moi directo a xuventude local e nun futuro próximo deixála en mans dos rapaces novos da vila xa que eu son presidente de outras dúas asociacións e non podo con tanto traballo e a ver si así se animan a participar no asociacionismo local, outro dos fines desta asociación e axudar a conseguir fondos para o FESTIVAL AS MINAS, evento que organiza a outra asociación que presido A.C.D.”AS MINAS”, e a vez animar ós rapaces a participar na súa organización destes e doutros actos, con esta asociación tamén se pretende sensibilizar, informar e axudar principalmente a xuventude, a continuación cóntovos os actos que levamos organizado dende a nosa constitución antes do verán e os que nos quedan por facer dentro do noso programa que leva por título, XORNADAS DA XUVENTUDE, CULTURA E VOLUNTARIADO.

XORNADAS DA XUVENTUDE, CULTURA E VOLUNTARIADO.

DIAS 20, 21 e 22 de Agosto e coincidindo co IV FESTIVAL “AS MINAS”, organizamos unha exposición fotográfica na oficina de turismo do Concello da Pontenova, mostrando a transformación que sufriu o noso concello dende a época dos xacementos locais ata o que e hoxe o Concello de A Pontenova.

DIA 21 de Agosto, tamén coincidindo co IV FESTIVAL “AS MINAS” organizamos un espectáculo de maxia no que actuáron membros da ASOCIACION LUDICO CULTURAL ” MAGOS DO RIBEIRO” de Ribadavia.
O vindeiro venres 22 de Outubro terán lugar dúas conferencias nas que participarán os alumnos do IES Enrique Muruais de A Pontenova, serán dúas conferencias, unha que tratará sobr o Politrauma, lesións que se producen derivadas de accidentes, os efectos das drogas e do alcohol na conducción e sobre a RCP, reanimación cardiopulmonar, no que os alumnos terán ocasión de facer prácticas sobre como reaccionar en caso de que a unha persoa lle dea unha parada cardiorespiratoria, e impartirana técnicos do 061 e de ambulancia medicalizada, a outra conferencia tratará dos perigos de internet e as redes sociais, e consistirá nun obradoiro de dúas horas no que os rapaces aprenderán cales son ás vantaxes e os perigos de internet e as redes sociais que hoxe día están tan de moda, de xeito que sepan manexalas de forma segura.

Para rematar as actividades do noso proxecto terémos o próximo domingo 24 de outubro unha obra de teatro da cal vos adxúnto o cartel, no que xa vos ven todo explicado, decirvos que a ASOCIACION XUVENIL “AS MINAS” repartirá rifas entre os alumnos do Colexio Público de A Pontenova e do IES Enrique Muruais para o sorteo de varios vales de compra do comercio local que terá lugar o día da obra de teatro.

Decirvos tamén que Ovidio Rodeiro Drector Xeral de Cultura e Voluntariado está invitado a asistir a obra de teatro, para calquera dúbida poñédevos en contacto conmigo.

Exit mobile version