Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG fixo unha concentración diante da cerámica de Sargadelos que celebraba xunta de accionistas

Nota de Prensa

A CIG realizou  hoxe xoves ás 18h unha concentración diante da Fabrica de Ceramica de Sargadelos para, aproveitando que se estaba a celebrar unha xunta de accionistas da empresa, facerlles entrega dun escrito.
No escrito as representantes da CIG no Comité de empresa convidaban aos accionistas de Sargadelos a “facer un exercicio de reflexión”, e mudar a politica da Dirección da Empresa cara a unha nova negociación, que permita a esta a recuperación da imaxe, que motive ao persoal, e que impulse a Sargadelos a unha situación de estabilidade e recuperación que garanta a sua viabilidade respetando os postos de traballo.
Esta concentración foi proposta xunto cun novo calendario de mobilizacións ao resto do comité de empresa polas representantes da CIG.
Ante a negativa do resto dos sindicatos que compoñen o comité a levar cabo unhas mobilizacións identicas ás programadas  por parte dos mesmos sindicatos no Castro, a CIG decidiu convocar en solitario, pois non permitirá que se cese nas demendas que marcaron a acción sindical dende o principio e que agora se resumen en READMISIÓN dos despedidos e inicio dunha nova NEGOCIACIÓN .

AJ/. XUNTAXERAL DE ACCIONISTAS da “Fea. de Cerámica de Sargadelos, S.L.”

Ma José Prado Viamonte e Teresa Lillo Requejo traballadoras da Fábrica de
Cerámica de Sargadelos e representantes da CIG no Comité de Empresa, queren
manifestar o seguinte:

Os traballadores e traballadoras sempre eremos e apostamos polo futuro e
viabilidade desta empresa , e froito desta convicción negociamos sempre de
boa fe para atopar a mellor solución e menos traumática posible para todas as
partes.

Nesa negociación todo o Comité de Empresa, avalado polo conxunto da
plantilla, aportou distintas alternativas para reducir os custes de persoal á
Empresa sen que isto conlevase medidas drásticas como as que plantexa o
ERE.

A pesar de todas estas alternativas, a Dirección da Empresa, pechou
unílateralmente toda vía de diálogo e proseguiu co ERE de extinción de 26
postos de traballo.

A situación creada, ademáis, dende o noso punto de vista, está ocasionando un
grave prexuízo nun dos grandes activos da empresa que é a imaxe ademáis de
xerar na plantilla un estado xeral de desánimo e de desmotivación, factores
ambos fundamentáis para a recuperación da empresa.

Ante todo o anteriormente exposto convidámolos a que fagan un exercicio de
reflexión e reconsideren a súa postura. Deixen sen efecto os despedimentos
efectuados, readmitan ás companeiras e compañeiros.

Retómese a negociación, pola nosa parte reiteramos a nosa disposición ao diálogo para
reconducir a situación e, entre todas e todos, levar a empresa a bo porto.
Sargadelos, 21 de outubro de 2010

Exit mobile version