Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación anuncia un acto no que se presentarán axudas para a reindustrialización

NOTA DE PRENSA

O Ministerio de Industria presentará na Deputación a empresarios e a Alcaldes as axudas para a reindustrialización de 2011

– Os principais responsables do Goberno Central nesta materia darán conta destas subvencións que contribuirán a facer máis competitivo o tecido empresarial lucense

– As xestións levadas a cabo por Gómez Besteiro fixeron posible a celebración  do encontro que dá continuidade ó compromiso iniciado hai tres anos de fomentar os sectores estratéxicos da provincia

– As axudas distribúense en dúas convocatorias, a xeral dotada de 121 millóns de euros e, a de deslocalización, con 56,5 millóns

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Director Xeral de Industria do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Jesús Candil, e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugurarán o vindeiro luns, 25 de outubro, a xornada sobre as axudas para a industria e modernización do proceso produtivo que o Goberno Central convoca para 2011, e ás que se poderán acoller as empresas e as institucións da provincia. As subvencións dispoñen de dúas convocatorias, a xeral dotada de 121 millóns de euros e, a de deslocalización, con 56,5 millóns.

Deste xeito, no encontro de acceso libre, que se celebrará no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a partir das 12:30 horas, os principais responsables do Ministerio nesta materia explicarán de forma detallada ós empresarios e ós Alcaldes as distintas subvencións das que se poden beneficiar á hora de levar a cabo algún tipo de investimento industrial, e que permitirán acadar un maior desenvolvemento do tecido empresarial lucense, facéndoo máis competitivo. É o caso de como obter préstamos reembolsables a custo cero para diversas iniciativas empresariais, as subvencións existentes para a adquisición de equipos, instalacións industriais e loxísticas, ou as posibilidades de financiamento para a adquisición de sólo industrial, urbanización, construción, ampliación e adecuación de naves industriais, etc.

As xestións levadas a cabo por Gómez Besteiro fixeron posible a celebración da xornada que dá continuidade ó compromiso iniciado hai tres anos de fomentar os sectores estratéxicos da provincia, a través de organismos como a Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA) coa creación de sólo industrial nos distintos municipios da provincia.

Trátase dunha oportunidade única nas que os asistentes terán ampla información por parte dos principais responsables do Goberno Central nesta materia, como os Sudirectores Xerais de Programas Estratéxicos e de Políticas Sectoriais Industrias, Alejandro Fernández Granado e Juan Alberto Ortigosa, quenes explicarán as axudas de reindustrialización e as de fomento da competitividade de sectores estratéxicos, así como do responsable da Empresa Nacional de Innovación S.A (ENISA), Cormac Leggett, quen profundizará nas liñas de financiamento que ofrece esta entidade no sector industrial.

Exit mobile version