Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación aprobará a ordenanza que permite ós cidadáns realizar os 120 trámites do Innova-TE

Nota de Prensa

O Pleno da Deputación aprobará a ordenanza que permite ós cidadáns da provincia realizar os 120 trámites do Innova-TE

– Este documento converte ó organismo provincial en sede electrónica, autorizándoo legalmente a tramitar a través da rede

– Este é o 2º paso máis importante do programa tecnolóxico, despois da instalación do Centro de Procesamento de Datos; o sistema que almacenará a información da Deputación e dos Concellos

– A Deputación enviará en novembro ás entidades locais, que voluntariamente se sumaron á iniciativa, a súa ordenanza tipo para que sexa aprobada en cumprimento da lexislación que regula a e-administración

O Pleno da Deputación aprobará o vindeiro martes a ordenanza xurídica que dará validez legal ós 120 trámites que os cidadáns poderán realizar vía Internet co Innova-TE, o programa máis ambicioso de toda a Galicia tanto por presuposto como por prazos: 9 millóns de euros, co-financiados nun 70% por fondos FEDER, para que en menos dun ano esté implantada a administración electrónica en toda a provincia. O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, subliñou que “este documento tipo é o que nos converte en sede electrónica, é dicir, de igual xeito que a Deputación dispón dunha dirección física, necesita de algo semellante no ámbito electrónico. Trátase de establecer o domicilio social electrónico da Deputación”.

Esta ordenanza autoriza ó organismo provincial a tramitar a través da rede coa mesma validez que se se fixese de forma presencial, xa que de non dispoñer dela a Deputación incumplirá a lei que regula o proceso de implantación de administración electrónica, a lei 11/2007, que indica que as administracións locais deben poñer os medios electrónicos disponibles para facilitar a relación dos veciños coa administración. É un instrumento normativo que regula os dereitos, deberes e condicións xurídicas derivados da implantación da e-administración para que esta sexa efectiva e real as 24 horas do día e os 365 días do anos.

Todos os trámites administrativos que realiza calquera cidadán teñen un rexistro de saída e de entrada que lle dá validez. Neste caso, se non se tivese esta ordenanza calquer trámite telemático podería ser impugnado.

2º paso máis importante do Innova-TE

Este é o segundo paso máis importante do programa Innova-TE, despois da instalación do Centro de Procesamento de Datos; o sistema que almacenará e centralizará a información do organismo provincial e dos municipios para que, inicialmente máis de 1.000 persoas interactúen coa administración de forma simultánea.

Ata o momento, o portal da Deputación é un mero escaparate das diferentes actividades que realiza, sen embargo, a sede electrónica será a porta de acceso a toda a información e servizos que se poñen a disposición dos cidadáns e empresas a través de medios electrónicos. A sede deberá ter como mínimo os seguintes aspectos: formularios de suxerencias e queixas, sistema de rexistro electrónico, medios de publicidade oficial, tablón de anuncios electrónico, etc.

Unha vez aprobada, enviarase en novembro ós Concellos a súa ordenanza tipo para que sexa aprobada polo Pleno en cumprimento da lexislación que regula a e-administración. “Este é un instrumento máis de colaboración cos municipios, co lles evitamos tempo e lles prestamos un servizo eficaz”.

Máis colaboración do Parque Móbil cos Concellos

A Xunta de Goberno aprobou a contratación da subministración dunha cabeza tractora con semirremolque tipo bañeira para o Parque Móbil por valor de 129.800 euros. O obxectivo desta contratación é aumentar a colaboración cos Concellos para o arranxo e mantemento das vías municipais. “Foi este equipo de goberno o que converteu ó Parque Móvil nun instrumento útil e necesario para os municipios, e que está a ser moi ben acollido polos Concellos. Ata hai tres anos, este servizo estaba totalmente desmantelado, polo que foi esta Deputación a que reforzou o seu servizo, incrementando en máis dun 20% o orzamento deste ano con respecto ó de 2009”.

Deste xeito, o organismo provincial aforra cartos ós Concellos, xa que asume os custes que suporía a contratación deste servizo, e que se enmarca dentro da aposta do organismo provincial pola cooperación máxima cos 67 Concellos da provincia. Dende 2007, a institución provincial triplicou o orzamento do Parque Móbil para adquirir maquinaria que realice traballos de nivelación, refino, apertura e limpeza de cunetas, cortes de taudes, mantemento de pistas, limpeza de escombreiras e bordes de terrapléns, nas estradas de titularidade municipal.

Asimesmo, deuse o visto e prace a 15 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais de 2009. Suman un total de 197.374 euros, dos que a Deputación subvenciona 138.308. Pertencen ós seguintes Concellos: Castro de Rei (2), Pobra de Brollón (2), O Corgo, Folgoso do Courel, Guitiriz, Lourenzá, Meira, Paradela, O Páramo, Pol, Quiroga, Ribas de Sil, Riotorto e O Valadouro.

Exit mobile version