Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación calcula que 20 mil persoas visitaron a aula itinerante Innova-TE en Mondoñedo

Nota de prensa

A aula itinerante do Innova-TE foi visitada no San Lucas de Mondoñedo por 20.000 persoas

– A Ludus Party, organizada polo Concello de Lugo, será  a próxima cita da aula formativa do Innova-TE despois das festas do San Lucas que remataron onte

– As actividades máis demandadas foron o taller de DNI electrónico, as fotografías dinámicas e consultar o libro coas rutas do programa Km0 nunha pantalla táctil.

Mondoñedo foi a última localidade na que prestou servizo a aula itinerante do programa de administración electrónica líder na provincia: o Innova-TE. O organismo provincial aproveitou a celebración das festas do San Lucas na cidade mindoniense para formar á cidadanía sobre o uso e posibilidades da e-administración. Ademais dos veciños de Mondoñedo, visitantes que procedían maioritariamente da Mariña lucense, Vilalba e Lugo capital participaron nas actividades formativas do programa tecnolóxico da Deputación que está co-financiado nun 70% pola Unión Europea.

20.000 persoas pasaron pola carpa, que non deixou de recibir visitantes durante todas as festas. O sorteo de material tecnolóxico recaeu en Luis Santamarina Portela, gañador dun ebook, de 10 anos e veciño de Lourenzá; e Mario Rubal López, gañador dun netbook, de 6 anos e procedente de Cervo.

A aula formativa de 230 metros cadrados, cor vermella e forma de @, estivo dende o 16 ó 18 de outubro na praza da Catedral de Mondoñedo cun amplo horario de atención ó público: de 12:00 horas a 14:30 e de 16:30 ás 22:00 da noite.

A próxima acción de formación do Innova-TE será a finais de novembro na “Ludus Party”, un encontro dos afeccionados da informática no que a Deputación colaborará para que os participantes coñezan a “chave” da e-administración e poidans realizar algúns dos 120 trámites que lles ofrecerá o Innova-TE.

Exit mobile version