Site icon Crónica3.com A Mariña

A enfermidade dos políticos empeza abaixo

Se ben é certo que o que di o señor Regal, as prebendas dos políticos son unha mostra do que os cidadáns criamos, xa que isto empeza ao noso lado, si facemos unha pequena lectura do que fan os membros das corporacións locais, podemos ver o que hai. En todas as corporacións, como moito dan ao pico dous ou tres, o resto está para levantar a man cando o xefe de filas llo pide, e esto é o que consentimos votamos e aplaudimos os cidadáns; por tanto cando estes políticos locais ascenden, xa teñen a lección aprendida, solo falan ou aportan algo cando o xefe llo pide, e mentres a vivir que poden ser dous días.

Señores e señoras cidadáns, ensinemos aos políticos de pequeniños a que o seu traballo depende dos nosos votos, en non da decisións das cúpulas dos partidos, e xa veremos como a cousa cambia. Para eso temos que pensar que o nos voto, non se pode cambiar por un favoriño, e que o político de vocación, depende dese voto, pero para eso hai que darlle un cambio á lei electoral, algo moi complicado, por que os partidos, queren ter amarrado.

Un xovense

Exit mobile version