Site icon Crónica3.com A Mariña

A fundación Galicia Emigración oferta en Cervo formación de alfabetización informática

Nota de Prensa

A FUNDACIÓN GALICIA EMIGRACIÓN PON EN MARCHA EN CERVO UNHA ACCIÓN FORMATIVA DE ALFABETIZACIÓN INFORMÁTICA DESTINADO A EMIGRANTES RETORNADOS E INMIGRANTES

* Este programa de formación ten como obxectivo favorecer ou mellorar a inserción laboral destes dous colectivos

Cervo, 5 de outubro de 2010.- O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, anunciou hoxe que o vindeiro  venres, día 8 de outubro, abrirase nas oficinas municipais o prazo de inscrición da acción formativa de Alfabetización Informática que organiza a Fundación Galicia Emigración da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia coa colaboración do Concello de Cervo e que terá lugar na Casa da Cultura de San Ciprián do 28 de outubro ao 4 de novembro.

A asistencia ao curso está subvencionada e o seu contido vai dirixido a inmigrantes e emigrantes retornados. Ten por obxecto facilitar unha capacitación básica aos participantes, co obxectivo de que poidan comezar a moverse no mundo das novas tecnoloxías e, deste xeito, poder acceder a máis información e desenvolver así os seus coñecementos orientados a promover a súa integración nos diferentes eidos da sociedade galega.

O prazo de inscrición para participar neste curso rematará o vindeiro día 22 de outubro. O número de prazas é de 15 e os interesados en participar deberán cumprimentar a súa ficha de inscrición na casa do Concello ou na Casa da Cultura de San Ciprián axuntando a autorización para residir en España no caso de ser inmigrante. Os emigrantes retornados deberán axuntar fotocopia do DNI e documento que acredite a súa condición de emigrante retornado (certificado de emigrante retomado ou baixa consular), non podendo  transcorrer máis de dous anos entre a data do seu retomo a España e o inicio deste Programa Formativo.

O rexedor cervense salientou a importancia que ten para o Concello a organización en colaboración con diversas institucións e administracións este tipo de accións formativas “porque con elas o que pretendemos dende a administración local é poñer tódolos medios que temos ao noso alcance para a formación e información dos nosos cidadáns”.

Exit mobile version