Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto ata o 5 de novembro o prazo para solicitar axudas de Deportes, Cultura e Servizos Sociais en Ribadeo

Nota de prensa:
ATA O 5 DE NOVEMBRO ESTÁ ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS DE DEPORTES, CULTURA E SERVIZOS SOCIAIS NO CONCELLO DE RIBADEO, SEGUNDO INFORMA VICENTE CASTRO.

Ribadeo, 19 de outubro de 2010. Ata o 5 de novembro está aberto o prazo de solicitude de subvencións de Deportes, Cultura e Servizos Sociais no Concello de Ribadeo, segundo ven de informar o edil Vicente Castro.

O concelleiro de Deportes sinalou que “o pasado 16 de outubro quedou aberto o prazo para solicitar subvencións das Delegacións de Deportes, Cultura e Servizos Sociais. As solicitudes hai que presentalas no rexistro do Concello antes do vindeiro 5 de novembro, na secretaría e nas dependendencias deses tres departamentos están a disposición dos interesados os modelos a cumplimentar con toda a documentación a presentar así como na páxina web do Concello”. As bases da convocatoria foron publicadas o pasado sábado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Castro lembra que “poderán beneficiarse desas subvencións, asociacións, colectivos e clubes de Ribadeo e insisto en que o prazo de presentación de toda a documentación remata o vindeiro 5 de novembro”.

Exit mobile version