Site icon Crónica3.com A Mariña

Aclara o BNG de Cervo que as deputacións non representan a realidade territorial do país e sempre avogaron pola supresión

Nota de prensa
O BNG ACUSA A ALFONSO VILLARES E JOSÉ MANUEL BALSEIRO DE PRETENDER AGOCHAR AS SÚAS RESPONSABILIDADES NA PERDA DE EMPREGO EN SARGADELOS ABRINDO DEBATES SEN FUNDAMENTO

Os nacionalistas sempre avogaron pola supresión das deputacións xa que non representan a realidade territorial do país e iso non quere dicir que non podan gobernalas mentres existan

Balseiro prioriza o seu interese persoal en manter o posto no Parlamento á defensa dos interese do seus veciños polo que debería dimitir como concelleiro en Cervo

Cervo, 2 de outubro de 2010. O BNG saiu ao paso das declaracións do PP de Cervo nas que reclamaba a dimisión do concelleiro nacionalista como membro do gabinete do Grupo Provincial do BNG na Deputación de Lugo. Os nacionalistas acusaron ao portavoz municipal do PP, José Manuel Balseiro e ao alcalde, Alfonso Villares de querer agochar con debates estériles as súas responsabilidades como mediadores no ERE de Sargadelos deixando como froito o resultado de 26 despedimentos mentres no centro de Sada cun goberno nacionalista non hai sobre a mesa nin un so despedimento. Os nacionalistas ademais acusaron a Balseiro de contrapoñer o seu interese persoal na Mesa do Parlamento sobre o interese dos seus veciños e veciñas ao rexeitar o ERE de Sargadelos en Cervo e non manter o mesmo sentido de voto na súa poltrona parlamentar so 15 día despois.

Para Balseiro primeiro a poltrona e o coche oficial que a defensa dos intereses dos traballadores e traballadoras de Sargadelos.

Para o BNG de Cervo e sorprendente que o PP de Cervo co seu máximo responsábel á cabeza, José Manuel Balseiro, pida seriedade e coherencia aos nacionalistas cando en menos de 15 días e capaz de rexeitar co seu voto nunha sesión plenaria municipal o ERE e Sargadelos e xa na poltrona da Mesa do Parlamento vota en contra da mesma iniciativa deixando na estacada a 26 veciños e veciñas do seu concello que serán despedidos de aceptar a Consellaría de Traballo o ERE proposto pola dirección da empresa. “Vendo o rápido cambio de posición, a este Sr. interésalle mais manter o seu coche oficial e a poltrona da Mesa do Parlamento que os problemas dos seus veciños polo que debería dimitir como concelleiro en Cervo.”

Con Balseiro chove sobre mollado no ERE de Sargadelos polo que os nacionalistas pedíronlle que se manteña ao marxe para non empeorar as cousas.

O portavoz municipal nacionalista Xoán Estúa, engadiu que Balseiro comprometeu a súa xestión persoal na Xunta “para evitar un so despedimento en Sargadelos” e fixo de mediador acompañado do alcalde Alfonso Villares diante da inspección de traballo, deixando como resultado 26 persoas sen traballo, polo que Estúa dixo que “nin o alcalde nin Balseiro se merecen a confianza dos seus veciños e moito menos as poltronas e os coches oficiais que disfrutan”

Avogar pola supresión das deputacións non quer dicir que mentres existan non podan ser gobernadas polo BNG

Os nacionalistas cervenses negaron a incoherencia á que alude o PP sobre a presenza do BNG na Deputación e a súa posición histórica que reclama a súa supresión, “o BNG non elude a responsabilidade de gobernar esta entidade aínda que a considere innecesaria e traballe politicamente para a suprimila”, “moito mais nun momento no que os concellos pasan por moitas dificultades económicas e a superposición destas entidades administrativas sobre outras non e nin eficaz economicamente, nin se axusta á ordenación territorial do país”, dixo Estúa, que cualificou as declaracións do PP de “demagóxicas e criticou a baixeza moral de Balseiro que semella estar en política só para cobrar”.

Exit mobile version