Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP de Burela que o concello xa recibiu os cartos para dependentes da Xunta

Nota de prensa:
O GMPP burelés: “nun ano multiplicáronse por dous o número de resolucións emitidas pola Xunta en materia de dependencia”.

Os populares afirman que o bipartito burelés recibiu os cartos para dependientes que lle pideu á Xunta.

Aseguran que “as falsedades e os enganos son un vicio do bipartito burelés”.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela denunciou hoxe unha nova mentira do bipartito municipal a través das últimas declaracións de Nieves Cando sobre retrasos da Xunta á hora de facer valoracións de dependencia e proceder á súa resolución en base a solicitudes forrmuladas por cidadáns do noso concello.

Para os populares, Nieves Cando está instalada, día sí, e día tamén, na falsedade e engano sistemáticos, chegando incluso a fabular e inventarse historias para non dormir con cousas coas que non se xoga, buscando unicamente eludir a súa responsabilidade e tentando culpar ós demais do fracaso da súa xestión. E unha desas falsedades é a que tén que ver coa dependencia.

Como se pode comprobar a través das súas declaracións, a propia Nieves Cando recoñece coas súas manifestacións que non foi capaz de gastar os cartos que a Xunta lle mandou para axuda no fogar a dependientes recoñecidos. O que fai é criticar á Xunta por presuntos retrasos á hora de facer as valoracións derivadas das solicitudes de acollida á lei de Dependencia. O que tiña que facer o bipartito burelés é estar agora mesmo solicitándolle ó goberno central que manteña o volume de transferencias á Comunidade Autónoma Galega para manter os servicios que se están a ofrecer en materia de dependencia.

En canto ás valoracións efectuadas pola Xunta, os datos son tozudos e demostran que a realidade é radicalmente distinta á que nos quere facer ver Cando. A realidade é a seguinte:

– a día un de marzo de 2009 (data na que o PP gana as eleccións autonómicas), había 185 solicitudes de cidadáns de Burela, e a Xunta bipartita só emitira 41 resolucións.

– un ano despois, a un de marzo de 2010, había 231 solicitudes e a Xunta de Núñez Feijoo emitira 90 resolucións. Ou sexa, en só un ano, a Xunta do PP duplica as resolucións en materia de dependencia.

– a un de xullo de 2010, había 249 solicitudes e foran resoltas 95 das mesmas.

Eso quere decir que a Xunta bipartita só tiña resoltas o 22’16% das solicitudes, mentres que a Xunta do PP, a un de marzo de 2010 a Xunta de Núñez Feijoo tiña resoltas o 39% das solicitudes, e a un de xullo deste ano tiña resoltas o 38’11% das solicitudes. Ou sexa, a Xunta do PP multiplica por dous o número de resolucións emitidas.

Pero os populares van máis alá, en relación cos practicamente sesenta mil euros que o bipartito burelés deixou sen gastar en 2009. Afirman que “desde o propio bipartito burelés, e a través da concelleira de Servicios Sociais, se lle comunicou no seu momento á Xunta que había vinte persoas dependentes, vinte, que había que atender, así como o importe da asistencia a esas vinte persoas dependentes. A Xunta cumpliu, e enviou os cartos solicitados. Polo tanto, estimamos que o feito de non gastalos supón unha grave irresponsabilidade”.

Todo esto é debido a que a dirección política dos servicios sociais de Burela, ademais de ser politicamente incompetente, carece de seriedade, rigor e traballo. Ainda que é difícil pedirlle seriedade, rigor e traballo a quen non lle dá subvencións ás asociacións culturais, a quen tén os clubes con escolas deportivas pendientes de pago o que vai de ano, a quen gastou en gastos diversos en 2009 cincuenta e cinco millóns de pesetas, e a quen non foi capaz de gastar cáseque sesenta mil euros para axuda no fogar en 2009 que a Xunta tiña previamente enviado.

Exit mobile version