Site icon Crónica3.com A Mariña

Austeridade?

A famosa crise, que o goberno negou, por motivos electorais, en contra da teimuda realidade, puxo de moda a palabra austeridade. Tanto a nivel estatal coma autonómico, falan moito da austeridade para atallar a crise. Ninguén parece teña gana de aplicala en serio.

360 millóns de euros no “barco” botado no Ferrol hai pouco ¡ Toma austeridade !

10000 millóns de euros que doou o estado a igrexa católica no ano 2009.

20000 euros ao mes que pasou a cobrar Leire Pajín cando, por fin, acadou o posto de senadora.

Case 6 millóns de euros no mamotreto feito por costas en Foz, ademais doutros investimentos de dubidosa prioridade: a ponte de Fazouro, paseos marítimos…

Nun goberno hai que priorizar gastos, coma nunha casa. Gastar con sentidiño, non é de recibo gastar en festas e vestidos, cando non para carne ou pan. Que se lle ocorre aos pensadores de turno, rebaixar soldos aos funcionarios, conxelar pensións, pero non racionalizar gastos e loitar contra o enorme fraude fiscal que temos no país, amén dunha economía somerxida que non se da nos países do noso entorno.

Realmente se pode crer que hai tantos parados, se fose certo, habería unha verdadeira revolución social no país. Hai moito parado traballando, claro que hai xente no paro, pero tiñan que facer un control máis efectivo dese número de parados, e promover cursos de formación obrigatorios para a xente do paro, sen prazo nin desculpas, o mesmo que a mobilidade. Cambiar completamente a política de vivenda, todos sabemos que os prezos, tanto de compra coma de aluguer non se corresponde cos salarios que temos. Como se chegou a isto?

Lourenzo

Exit mobile version