Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela FSF-Soto del Real, duelo de iguais na bomboneira

Nota de prensa:
BURELA FSF-SOTO DEL REAL, DUELO DE IGUAIS NA BOMBONEIRA

O Burela FSF Pescados Rubén recibe mañá o VP Soto del Real, nun duelo de iguais que loitan por non descolgarse da clasificación e manterse lonxe dos postos críticos. O encontro da sexta xornada de Honra na bomboneira dará comezo ás 18.30 horas.

As pupilas de Javier Pardeiro saltarán á pista de Vista Alegre coa intención de recuperar a senda triunfal despois da derrota do martes en Valladolid (5-2). Enfronte terán un rival igualado a puntos (6) que na tempada pasada pelexou ata as últimas xornadas pola salvación.

As madrileñas chegarán á Mariña con sede de vitoria despois dunha semana dura, coas derrotas na visita ás valisoletanas (5-1) e como locais fronte ao Navalcarnero (1-2).

Xornada 7. O cadro mariñán alterará o horario habitual dos sábados en Vista Alegre para a súa próxima cita, ante o Queralt Gironella; será o domingo 24, ás 12.30 horas.

Exit mobile version