Site icon Crónica3.com A Mariña

Constituíuse en Foz unha plataforma cidadá que pide a construción dunha residencia con centro de día

Nota de Prensa

MÁIS DE VINTE ASOCIACIÓNS SOLICITAN A CONSTRUCCIÓN DA RESIDENCIA DE FOZ

Foz, 23 de outubro de 2010.- Este sábado constituíuse en Foz a plataforma cidadá para conseguir a construcción dunha Residencia dotado de Centro de Día. Na reunión estaban presentes asociacións de diferentes ámbitos: asociacións culturais, comerciais, teatrais, parroquiais, veciñais e partidos políticos.

As asociacións que mostraron o seu apoio de momento son: AA.VV O Castro, Mar de Foz, Os Sendeiros, Grupo Teatral Adala, Consello Parroquial de Fazouro, Os Bolouros, A Subela, A.C. O Castro (Vilaronte), Comisión Focega en defensa da sanidade, A.C. Xira dos Fondás, ACIA, O Feitizo, A Banda Municipal, A.C. O Torques de Marzán, AA.VV. de Cangas, A.C. Os Castros de Cangas, Clube Naútico, A.C. A Pomba do Arco, Os Larpeiros, A Federación de asociacións Rede Cidadá e os Grupos Políticos do PSOE,   PP e do BNG. Tamén houbo asociacións que non estiveron presentes pero declararon a súa pronta adhesión.

As asociacións presentes mostraron a necesidade desta obra para Foz dado que resolvería en parte a gran demanda de praza que existe actualmente na vila e evitaría o desprazamento das persoas a outras localidades lonxanas, facilitaría a conciliación e a convivencia das familias, melloraría o coidado e atención das persoas maiores dependentes e crearía emprego nun momento de grave destrucción do mesmo.

Os principais acordos que se tomaron foron os de solicitar unha entrevista cos Grupos políticos parlamentarios e outra coa Conselleira de Traballo e Benestar, reunirse coa Corporación Municipal e iniciar unha recollida de sinaturas solicitando a construcción da Residencia e Centro de Día no horizonte do 2013 e unha partida orzamentaria para o ano 2011.

Exit mobile version