Site icon Crónica3.com A Mariña

Desde o inicio do curso escolar 424 escolares de Foz visitaron o Centro de Interpretación de A Mariña

Nota de prensa

Visitas escolares ó CENIMA (Foz)

Desde o comezo do curso escolar, pasaron polo CENIMA 424 rapaces, alumnos dos centros educativos do concello de Foz. Os rapaces asistiron a unha visita guiada polas instalacións, e máis especificamente pola exposición “Gernika, unha educación para a paz”, cedida temporalmente polo Complexo Cultural Regal-Xunqueira, e que damos por finalizada este domingo, 31 de outubro. O programa didáctico incluiu a proxección de audiovisuais sobre o Gernika e a figura de Pablo Ruíz Picasso, con contidos adaptados, en cada caso, ás idades do alumnado (desde primeiro ciclo de primaria ata 2º de BAC), para facilitar a comprensión da mostra. Rematamos a visita facendo o noso propio Gernika. Os máis pequenos fixeron unha reinterpretación en clave de cor, pintando en grupo uns Gernikas “xigantes” (155 x 60 cm). Os máis maiores representárono, con total liberdade creativa, nun escenario virtual co atrezzo correspondente. Tanto as fotos destes Gernikas vivintes como as pinturas dos máis pequenos están expostas no centro, como auténticas obras de arte.

Desde o CENIMA queremos continuar nesta liña de traballo interactiva e facer do arte algo accesible, atractivo e ata cotián, para o total da sociedade. É unha aposta pola calidade e a dinamización sociocultural a tódolos niveis.

Exit mobile version