Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PP que os orzamentos do Estado tamén diminúen para a Mariña

Nota de prensa:
Desde 2009 o Goberno socialista restou en 43 millóns de euros os investimentos na nosa comarca e durante o 2011 as contas do Estado volven a rexistrar números negativos

Os orzamentos do Estado na Mariña lucense “en caída libre” ao reducirse en preto dun 60% nos últimos tres anos

* O “bólido” de Jose Blanco atráncase nas principais infraestruturas pendentes despois de que Fomento confírmanse que achegará menos diñeiro para a autovía do Cantábrico e retrasará a execución do corredor da Costa.

* Ante a contundencia dos datos negativos no PP pronostican que corredor e transcantábrica ao seu paso pola Mariña “seguirán paralizados o ano próximo”.

* Os socialistas da Mariña “desolados” despois de que as súas xestións “caeran en saco roto” e os orzamentos do Estado confirmen a afixia da Mariña polo Goberno ZP.

Mariña lucense, a 7 de outubro de 2010.- Os populares da Mariña fixeron hoxe unha valoración “moi negativa” dos Orzamentos Xerais do Estado para o vindeiro ano presentados polo Goberno central e da súa incidencia na nosa comarca. O secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balserio Orol, acompañado da senadora mariñán, María del Carmen Gueimunde, puxeron de relevo que os investimentos estatais “están en caída libre” ao reducirse preto dun 60% nos últimos tres anos. Desde 2009 o Goberno socialista restou en 43 millóns de euros as achegas para proxectos concretos na nosa comarca e durante o 2011 as contas do Estado volven a rexistrar números negativos.

Cinguíndonos aos últimos datos coñecidos, os Orzamentos Xerais elaborados polo Goberno socialista restan novamente 21 millóns de euros para A Mariña, ao pasar de 51,5 millóns de euros en 2010 a tan só 30,3 millóns de euros para 2011. A este descenso hai que sumar as cantidades que ainda que comprometidas para a súa execución durante a presente anualidade, o Estado aínda non executou. Os populares calculan que o Goberno socialista non investiu máis da metade do seu orzamento durante o 2010 e como mostra disto sinalan a “parálise total” no corredor da Costa e na Transcantábrica, gravemente afectadas polo recorte e insuficiencia de fondos estatais.

DESOLACIÓN SOCIALISTA

Gueimunde e Balseiro amosáronse convencidos de que a contundencia destas malas cifras están a provocar unha grande “desolación” nos socialistas da Mariña, “despois de que vexan como as súas xestións caeran en saco roto” e, en pleno ano electoral, se confirme a afixia da Mariña polo Goberno ZP. Parece evidente o pouco peso e a nula capacidade de influencia do PSOE comarcal en Madrid e, en todo caso, desde o PP emprázanlles a que “con valentía e ante tamaña inxustiza, dean a cara por Lugo e expliquen a cidadanía estes orzamentos e as razóns desta discriminacións”

PRONÓSTICO CLARO: UN NOVO ANO DE PARÁLISE

Ante a contundencia dos datos negativos no PP tamén pronostican que as dúas grandes infraestruturas pendentes que son competencias de Fomento seguirán paralizadas o ano próximo. De feito os populares ironizaron subliñando que “o bólido de Jose Blanco” parece terse “atrancado na Mariña, non sabemos ei porque as súas rodas non valen para circular polas vías estreitas de FEVE, ou porque resultou averiado ao pasar polas imnumerables fochancas que presentan as estradas nacionais pola falta de correcto mantemento e conservación”. O que está claro –indican Balseiro e Gueimunde- é que os orzamentos do Estado achegarán menos diñeiro para a autovía do Cantábrico e adiarán no tempo a execución do corredor da Costa, que leva máis de sete anos na fase inicial da súa tramitación administrativa.

No tocante á A-8, o Estado reduce nun só ano as achegas para a autovía en 14.066.850 M€ (Case un 50%). A día de hoxe a Mariña é a única comarca pola que transcorre está autovía na que os seus tramos non entrarán en servizo ata como mínimo o 2013 ou, 2014, “isto nas súas previsións máis optimistas”. O Goberno central ademais, non prevé unha inxección económica nos treitos nos que se están a producir as dificultades técnicas e derrubes, polo tanto, estamos a falar de que “se consolida a súa parálise, pois os cartos non chegarán para executalas obras pendentes”.

CORREDOR

Os Orzamentos do Estado tampouco estalecen unha previsión de investimentos plurianuais para o corredor da Costa. En 2010 o Goberno socialista preveu investir só 10.000 euros, que non chegou a executar e en 2011, o Estado investirá 134.100 euros, “o que non chega nin tan sequera para proseguir a tramitación administrativa desta estrada que o propio Goberno ten paralizada ao negarse a resolver as alegacións rexistradas polos distintos concellos e particulares”.

Os popualres significaron que mentres que a Xunta de Galicia inviste máis de 30 millóns de euros nas obras do corredor nos treitos da súa competencia, o Goberno central aínda non ten executado un só céntimo para esta vía nos treitos estatais, entre San Ciprián e Barreiros.

MEDIO AMBIENTE

Nin tan sequera o Ministerio de Medio Ambiente mantén os seus investimentos na costa de Lugo. No 2010 prevían investir: 2.443.000 € en prevención e recuperación de sistemas litorais e control da regresión da costa. No 2011 só achegarán: 840.000 € un 65,62% menos.

Tamén caen as achegas en materia de Cultura, xa que tras a desaparición da partida orzamentaria para rehabilitación e posta en marcha do Centro Cultural Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo, agora o recorte tamén afecta as obras de restauración do convento de San Francisco, prometidas polo PSOE, pero que tamén desaparecen do orzamento para 2011.

SIGNIFICATIVAS AUSENCIAS

Finalmente os populares sinalaron novas ausencias. Os Orzamentos do Estado non inclúen previsión algunha para a apertura do dique de ALCOA, a creación da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, a eliminación de puntos negros estradas da Mariña lucense, o acceso á estrada Burela-Cervo pola variante, o edificio do ISM na Mariña lucense ou o novo acceso a Ribadeo pola A8

A PESCA NON É PRIORITARIA PARA ZP

No caso da construción dun novo edificio para a Capitanía Marítima de Burela, “deberemos conformarnos coa maqueta” pois ainda que nos orzamentos Fomento anuncia a súa execución, esquece reservar partida orzamentaria algunha no desglose económico das contas estatais e, polo tanto, non consigna fondo algún específico para desenvolver esta actuación.

O mundo do mar e da pesca tamén aparece castigado polo Executivo socialista. De feito os populares fixeron mención á nova ofrecida no día de onte polo voceiro popular de pesca nas Cortes Xerais, García Díez, quen adiantou que os orzamentos do sector pesqueiro caeron un 53,3% dende que gobernan os socialistas, “cifras que non permitirán ao sector recuperar unhas condicións de rendibilidade e que evidencia a falta de apoio do Executivo socialista á flota”.

Exit mobile version