Site icon Crónica3.com A Mariña

Importante vitoria do C. B. Xove ante a súa afección

(foto:Miguel Fraga)

CRÓNICA
XOVE (M.F.O.) .- O C. B. Xove logrou unha importante vitoria contra o Rosalía de Castro santiagués por 65 puntos a 51 conseguindo así a primeira vitoria ante a súa afección. Os xovenses acudían ao encontro coa importante baixa de Adrián pero dende o inicio do partido as vantaxes no marcador decantáronse polo equipo local.

A clave da vitoria foi a impecable defensa dos mariñáns que fixo fácil un encontro complicado. Tras esta xornada o C. B. Xove colocase quinto clasificado con dúas vitorias por tantas derrotas, para o próximo partido viaxaran a Ferrol para enfrontarse ao Tuimil Electricidad.

Exit mobile version