Site icon Crónica3.com A Mariña

Lourenzá acolleu a segunda xornada da conferencia Norleste da liga nacional da billarda

Nota de prensa

LNB NorLeste

2ª xornada da Liga Nacional de Billarda celebrada onte 17-10-10 en Vilanova da Lourenzá.

Onte, domingo 17 de Outubro ao pé do antergo Monasterio de San Salvador, no cantón de Vilanova de Lourenzá, disputouse a 2ª xornada correspondente a LNB da conferencia Norleste.

O día era axeitado para a práctica deportiva nun fermoso paraxe e ca presencia de múltiples xiareiros e curiosos que se foron achegqando para ollar as eliminatorias que daban paso a disputa final do saqueto de fabas.

Como a miudo ocorre, houbo sorpresas ao quedaren eliminados na primeira rolda palanadores da sona de Markytos, Xermán, Reyes, Geni, Marcos, etc. etc. o que dí ben as craras a progresión dos novos valores que se veñen engadindo a serpe multicolor da LNB.

O primeiro finalista foi Ginés dos Remourelle Bulls, que deixou fora a Borxa sin problemas e logo a Xan Rodiño, ainda que tivo que emplearse a fondo e chegar a un desempate co palanador dos Bateas.

Hugo, dos Billardeiros Musicais, pola súa parte desfíxose de Eric e nunha semifinal a tres, de Lola e de Moisés acadando por segunda vez consecutiva as finais nesta tempada que acaba de comenzar.

O tercerio finalista, outro compeñente dos Billardeiros Musicais, que tamén repite con Hugo foi Daniel, que non tivo problemas con Flores e protagonizou a semifinal mais emocionante con Guille de Os Outros. Un duelo a cara de can entre dous palanadores que se coñecen a perfección e donde ous dous tiñeron que sacar os seus mellores golpes. Remataron empatados. Na primeira carreira para deshacer a igualada, a un varado de Daniel respondeu Guille con outro varado. Nova carreira na que Guille de un espectacular tiro guindou a billarda a rentes do varal, oportunidade que non desproveitou Daniel  que cun novo e definitivo varado traspasou as portas cara a final.

Na final tampouco faltou a emoción, os tres palanadores coñécense de vello, e cada un sabe das posibilidades dos outros, de tal xeito que as diferencias entre as puntuacións foron mínimas e quedaron deste xeito:

3º  Ginés con 3 puntos.  2º  Hugo con 4 puntos.   1º  Daniel  con 5 puntos.

Además do saqueto de fabas para o Campión, os tres finalistas foron agasallados cun artesanal e vistoso pratiño a modo de trofeo. Noraboa a tribu billardeira por iste novo éxito deportivo.

Exit mobile version