Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo ve con agrado que se investiguen os restos de naufraxios na costa de Lugo

Nota de Prensa

SUÁREZ BARCIA VE CON AGRADO QUE SE INVESTIGUEN OS RESTOS DE NAUFRAXIOS NA COSTA LUGUESA E AGARDA QUE ESE TRABALLOS CHEGUEN TAMÉN  Á RÍA DE RIBADEO.

Ribadeo, 7 de outubro de 2010. O alcalde, Fernando Suárez, ve con agrado que se investiguen os restos de naufraxios na costa luguesa e agarda que eses traballos cheguen á ría de Ribadeo.

O rexedor manifestou este mediodía que “vexo con agrado esta iniciativa que están levando adiante entre o Ministerio de Cultura e a Consellería pertinente de cara a facer unha serie de prospeccións arqueolóxicas, subacuáticas no ámbito da Mariña o vindeiro ano. E confío que, dentro do que é a nosa comarca, tamén teñan a ben facer estes traballos na ría de Ribadeo no lado galego de competencia da propia Xunta, un pouco atendendo a esta iniciativa que hai meses eu como alcalde dirixín aos responsables de Cultura, despois de que unha activa asociación de xente que se adica ao mundo do submarinismo nos alertara das diferentes pezas arqueolóxicas que eles viron no leito da ría e que poderían ser expoliadas ou mesmo estropeadas pola propia acción das dragas que traballan nos canales da ría de Ribadeo”.

Suárez Barcia confía en que “ademáis, con discreción sen dicir as zonas nas que van actuar, teñan moi en conta a riqueza arqueolóxica que esconde a ría de Ribadeo e que no seu ámbito de actuación fagan o preciso para ver esas reliquias, para catalogalas e entendo que as que sexan pequenas e susceptibles de seren expoliadas ou rotas que sexan extraidas ou para o Museo Provincial ou para o museo que poidamos habilitar no forte de San Damián para amosar os tesouros que garda a ría de Ribadeo”.

Exit mobile version