Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Xove esixirá a devolución das cotas da piscina

Nota de prensa:
O Bloque de Xove esixirá a devolución das cotas da piscina

Ante a indecisión do goberno minoritario do PP, Marco López anunciou que o BNG solicitará formalmente no vindeiro Pleno a devolución das cotas aos socios e socias da piscina municipal. Esta petición correspóndese cos tres meses de verán nos que a piscina estivo pechada ao público e, polo tanto, non se puido facer uso deste servizo.

A pesar desta circunstancia o executivo popular non se decidiu aínda a levar adiante este “acto de xustiza” cos veciños, pretendendo que as cincocentas persoas usuarias soliciten individualmente e por escrito a devolución dos seus cartos. Porén, o responsábel local do BNG en Xove cre que o retorno do diñeiro se debería realizar “de oficio” pola propia Administración local.

Os nacionalistas amosaron a súa boa disposición para “estudar as medidas políticas” que se poderían levar adiante co obxectivo de lograr unha “solución efectiva e xusta” deste problema.

Exit mobile version