Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS deixou tres puntos no último minuto fronte ao Extremadura Cáceres

Nota de Prensa
O BURELA FS VE ESCAPAR OS TRES PUNTOS NO ÚLTIMO MINUTO

Os tres puntos escaparon hoxe para o Burela FS fronte ao Extremadura Cáceres (3-3) despois de levar a dianteira na maior parte do encontro. O tramo final volveu poñer costa arriba os intereses laranxas, que viron como desaparecía a vantaxe e a vitoria no último minuto.

Aínda que o encontro comezou mal para o cadro de Suso Rey, cun gol local por propia porta de Purao, os mariñáns axiña tomaron as rendas. Así, xa no 14, Esteller igualaba o marcador e catro minutos máis tarde, Christian subía o 1-2, co que se anunciaría o período de descanso.

No segundo tempo, o Extremadura conseguiu a igualada no minuto 29, de Sergio, pero en poucos segundos o capitán, Juanma, volveu sacarlles brillo ás súas zapatillas para adiantar de novo os seus (2-3). A falta de cinco minutos para o asubío final, os estremeños optaron polo porteiro-xogador, táctica que deu os seus froitos nas últimas sacudidascun lanzamento de Pablo Ángel dentro da área.

Este empate leva os burelistas ata a sexta praza, aínda que empatados co cuarto, UPV Marista Valencia, que se impuxo na casa do Tobarra (4-6), e o quinto, Lanzarote, que tamén venceu ao Navarra (6-4).

Burela FS – Caceres

Partido pertencente á 8ª xornada da tempada 2010/2011.
Extremadura-Cáceres 2016
0 Vitorias | 3 Empates | 4 Derrotas
Puntos acumulados: 3 3
CD Burela FS
4 Vitorias | 3 Empates | 1 Derrotas
Puntos acumulados: 15 3
Cancha de xogo: Multiusos Ciudad de Cáceres
Data: Domingo, 17 de outubro de 2010
Hora de inicio: 12.00 horas
Corpo arbitral
Casado Mocha
Viedma Martín
Alineacións
Extremadura-Cáceres 2016
3
Marcelo Almeida Martins
Almeida
6
Rubén Calatrava Párriga
Rubén Cala
7
Francisco Javier Maestre Romero
Bole
10
Pablo Ángel Durán Gálvez
Pablo Ángel
13
Joaquín Gutiérrez Moreno
Juaki
5
Juan Carlos Sánchez Colchón
Juanqui
8
Javier Calatrava Párriga
Javi Cala
9
Sergio L. García Cano
Sergio G.
14
Diego Vargas Trechera
Diegui
21
Iván Vázquez Fernández
Iván
Adestrador:
Fernando Maroño Buján

CD Burela FS
1
Eduardo Saavedra Cebreiro
Edu
3
André Luiz Nogueira Fernandes
André
5
Anderson de Almeida Gomes
Purao
8
Juan Manuel Marrube Rodríguez
Juanma
21
Adriá Esteller Cortina
Adriá Esteller
7
David Richarte León
Paleta
10
Manuel Jiménez Fraga
Manu
11
Christian Palmeiro Chao
Christian
14
Adrián Gaona Martín
Adri
Adestrador:
Jesús Rey González
O partido minuto a minuto
Tarxeta amarela | Sergio G.

Tarxeta amarela | Juanqui

Tarxeta amarela | Pablo Ángel

Tarxeta amarela | Juanma

Tarxeta amarela | Adriá Esteller

Gol 1 – 0 Min. 9 | Sergio G.
p.p. Purao
Gol 1 – 1 Min. 14 | Adriá Esteller

Gol 1 – 2 Min. 18 | Christian

Gol 2 – 2 Min. 29 | Sergio G.

Gol 2 – 3 Min. 30 | Juanma

Gol 3 – 3 Min. 39 | Pablo Ángel

Tarxeta vermella | Juanqui

Exit mobile version