Site icon Crónica3.com A Mariña

O Cidade de Viveiro FS enfróntase o sábado ao Area 10 e os xuvenís o domingo ao Guitiriz

Nota de prensa:

O vindeiro sábado día 30 de Outubro ás 16:00h. no Pavillón Municipal de Viveiro o CLUB DE FÚTBOL SALA CIDADE DE VIVEIRO disputará o partido correspondente á quinta xornada da liga provincial sénior masculino enfrontándose ao Area 10 Escola Club, partido ao que os dous equipos chegan como primeiro e segundo clasificado logo de contar as seus partidos anteriores por vitorias. A mellor diferenza de goles dos da cidade do Landro permítelles situarse no máis alto da clasificación.

O vindeiro Domingo día 31 de Outubro ás 11:00h. no Pavillón Municipal de Viveiro o equipo xuvenil masculino do CLUB DE FÚTBOL SALA CIDADE DE VIVEIRO disputará o partido correspondente á 4ª xornada da liga xuvenil autonómica que o enfrontará ao Concello de Guitiriz, no que tratarán de colleitar a primeira vitoria da tempada logo de caer derrotados en Carballiño na xornada inaugural e do empate colleitado fronte ao I.E.S. Coruxo.

Exit mobile version