Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela edita mil exemplares dun libro con receitas de peixe espada

Nota de Prensa

O CONCELLO EDITOU 1.000 EXEMPLARES DO CUARTO LIBRO DE GASTRONOMÍA  OS SABORES DO NOSO MAR ADICADO AO PEIXE ESPADA.

Burela, 1 de outubro de 2010. O alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira do Mar, Remedios López, veñen de presentar o cuarto libro de gastronomía Os sabores do noso mar adicado ao peixe espada.

A edil socialista sinala que “nesta ocasión trátase dun receitario de 15 pratos con fotos en cor preparadas polos restauradores mais importantes de Burela. Nos exemplares podemos encontrar pratos elaborados por unha hostalaría moderna como peixe espada albardado sobre panadeira azul e culi de pemento, milfollas de peixe espada con crema de queixo de cabra, ensalada de peixe espada aliñada con escabeche e peixe espada ao saimoriglio. Tamén outros mais tradicionais como peixe espada con crema de langostinos, peixe espada á prancha con tomate, peixe espada ao estilo Miranda, á sidra, con dúas salsas, con gambas, en salsa verde, con salsa especial Pizzbur e con salsa á viscaína”.

Remedios López, asegura que “fixéronse 1000 exemplares cos que tentamos publicitar e dar a coñecer os produtos de gran calidade que se comercializan no noso peirao. Ao igual que se fixo co receitario da pescada do pincho, o bonito do Burela ou o ourizo do mar, estes receitarios tamén se repartiran de forma gratuíta entre a hostalería e levarase por España ás distintas feiras nas que participe o Concello de Burela. Cada restaurante terá 30 exemplares que poderá dar de forma gratuíta á súa clientela sempre e cando consuman algún produto que se comercialice no peirao de Burela. Con esta iniciativa invitamos aos comensais a vir a Burela a comer peixe ou marisco, ou facer as comidas de empresa e veranse agasallados cun exemplar desta edición”.

A concelleira do Mar tamén confirma que “esta edición fíxose grazas á colaboración da cofraría de pescadores San Juan Bautista, o Fondo Europeo da Pesca, o Ministerio de Medio ambiente, Medio Rural y Marino, Xunta de Galicia e Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal  co único fin de que Europa invista na pesca sustentable”.

Exit mobile version