Site icon Crónica3.com A Mariña

Substituirán bandas rugosas por pasos elevados en tres rúas de Burela

Nota de Prensa

ALFREDO LLANO ANUNCIOU A COLOCACIÓN DE TRES PASOS ELEVADOS NAS RÚAS ROSALÍA DE CASTRO E PARDO BAZÁN E NAS INMEDIACIÓNS DA PRAIA DE O PORTELO CO FIN DE MELLORAR A SEGURIDADE VIARIA.

Burela, 18 de outubro de 2010. O alcalde, Alfredo Llano, anunciou a colocación de tres pasos elevados nas rúas Rosalía de Castro e Pardo Bazán e nas inmediacións da praia de O Portelo. As obras faránse antes de que conclúa este 2010.

O rexedor contou que “estamos continuando coas obras de eliminación de barreiras arquitectónicas e de mellora da seguridade viaria. É a nosa intención ir eliminando pouco a pouco as bandas rugosas que están colocadas nas rúas e que lle dan unha sacudida importante aos coches ademáis de ocasionar queixas veciñais polos ruidos que provocan e pola cantidade de restos de residuos que caen desde os camións que circulan por elas. En moitas rúas xa se están eliminar, porque pensamos que nos podemos obrigar a moita xente a padecer estas bandas rugosas polas irresponsabilidades que outros acometen ao volante do seu coche”.

Llano considera que “temos que procurar que a xente circule con orde, con profesionalidade e con respecto hacia as persoas. Hai que ir hacia outros métodos que permitan eliminar estas bandas rugosas e colocaremos pasos elevados para reducir a velocidade dos vehículos e para que os peatóns se vexan mellor e a máis distancia. Así melloramos a seguridade de todos. Incrementaremos o presuposto destinado á eliminación de barreiras arquitectónicas e de mellora da seguridade viaria en 50.000 euros”.

O alcalde subliñou que “Burela está a ser un exemplo do que se debe facer e queremos beneficiar ao máximo á poboación. Colocaremos tres pasos elevados en Rosalía de Castro e Pardo Bazán, por seren dúas zonas que están moi preto do parque e temos que darlles preferencia pola cantidade de nenos que xogan neses lugares, e despois tamén fronte á praia de O Portelo poñeremos outro paso deste tipo”.

Exit mobile version