Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Cervo remata obras de mellora en dúas pistas da parroquia de Rúa

Nota de prensa:
REMATAN AS OBRAS DE MELLORA DE DÚAS PISTAS EN RÚA PROMOVIDA POLO CONCELLO E A ASOCIACIÓN VECIÑAL DESTA PARROQUIA

*

O Concello colaborou coa Asociación de Veciños de Rúa mediante a elaboración do proxecto técnico destas dúas actuacións, as cales foron elixidas polo consistorio e a asociación veciñal para optar aos programas provinciais de entidades veciñais

*

O Concello colaborou ademais facendo fronte á cantidade que debería aportar a Asociación de Veciños, que ronda os 4.000 euros

Cervo, 11 de Outubro de 2010.- A edil cervense Yolanda Pedreira e o alcalde pedáneo da parroquia de Rúa, Ramón Elemparte, informaron esta tarde que xa remataron os traballos de pavimentación das pistas de O Pereiro e na Ponte de Rúa, ámbalas dúas promovidas polo Concello de Cervo e a Asociación de Veciños de Rúa.

Segundo indicou Yolanda Pedreira a iniciativa conxunta entre Concello e os representantes veciñais fraguouse a través das xestións realizadas polo alcalde pedáneo deste núcleo de poboación. “Nunha primeira fase o Concello elaborou o proxecto técnico destas dúas actuacións en base á peticións dos representantes veciñais; os cales utilizárono para optar aos programas provinciais de colaboración con entidades veciñais” sinalou Pedreira.

COMPROMISO MUNICIPAL

A representante local sinalou que o custe total das obras rondou os 16.000 euros. Recordou que ademais da cantidade concedida pola Deputación á Asociación de Veciños para a realización destas obras o Concello aportou ao redor de 4.000 euros -a porcentaxe económica que estipulan as bases destes programas provinciais e que lle correspondería abonar ao colectivo veciñal -.

O Concello decidiu investir nesta actuación en base á petición dos representantes dos veciños porque entendimos que era necesario levar adiante a mellora destas vias, xa que era algo moi demandado polos habitantes deste núcleo de poboación” salientou Pedreira.

OBRAS

As obras consistiron na mellora e adecuación das pistas de Ponte de Rúa a Lombo e no Pereiro, ambas na parroquia de Rúa. Ata o de agora estas pistas atópanse en mal estado por mor do desgaste e das choivas sufridas na primavera pasada. Para subsanar o seu deterioro realizouse unha actuación consistente no acondicionamento e pavimentación a base de triplo rego asfáltico. Estes traballos de asfaltado trouxeron aparellados ademais obras previas de explanación dos dous trazados e a construción de tajeas para canalizar as augas pluviais ao longo dos seus respectivos traxectos.

Exit mobile version