Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo abre o prazo para solicitar os hortos ecolóxicos

O Concello de Ribadeo abre o prazo para solicitar os hortos ecolóxicos. Os interesados deberán presentar a correspondente solicitude no rexistro xeral do Concello cos seus datos persoais, segundo o modelo que lles facilitarán nos Servizos Sociais. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde mañá 28 de outubro ás 9 de mañá ata o 8 de novembro ás 14:30 horas. A adxudicación e distribución das parcelas terá lugar mediante sorteo público entre os solicitantes que cumpran cos requisitos conforme ao establecido nas bases.

Exit mobile version