Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo levará adiante unha nova campaña informativa sobre a recollida selectiva

NOTA DE PRENSA

O CONCELLO LEVARÁ  ADIANTE UNHA NOVA CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE A RECOLLIDA SELECTIVA. HORACIO CUPEIRO FELICITA AOS VECIÑOS POLA CONCIENCIACIÓN E POLO BÓ COMPORTAMENTO QUE ESTÁN A TER.

Ribadeo, 21 de outubro de 2010. O Concello levará adiante unha nova campaña informativa sobre a recollida selectiva. O edil de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, felicita aos veciños pola concienciación e polo bó comportamento que están a ter.

O edil nacionalista felicita “aos veciños de Ribadeo polo bó comportamento que están a ter coa recollida selectiva do lixo. Estamos nunha media móvil en canto aos envases lixeiros que se depositan no contenedor amarelo do 29,49%, o que quere dicir que nos situamos por debaixo dese 30% de indebidos que nos están pedindo desde Ecoembes. Teño que lembrar que hai meses chegamos ao 23,78%, o cual indica que levamos un ano facendo as cousas dun xeito lóxico e responsable. Pasamos nestes meses de que á empresa se lle estivera penalizando con 16.000 euros a que agora lle ingresen de 4 a 6 mil euros, segundo o trimestre, entón esto nos di que imos por bó camiño”.

Horacio Cupeiro fai unha chamada de atención porque “neste último mes apareceu un pequeno problema. Hai xente que está a depositar nos contenedores amarelos cartón e papel impreso. Pido aos veciños que non deixen os periódicos e revistas neste contenedor senón que os leven aos do cartón; tamén hai xente que leva restos de comida e botellas a este contenedor amarelo… temos que continuar a ser exemplo en todo o país. Tamén por erro, a pesares de que se mandou información a todas as casas, hai veciños que están depositando plásticos no contenedor amarelo”. O concelleiro de Medio Ambiente lembra que “nestes recipientes só se poden deixar envases de plástico, latas e bricks, quero recomendarlles aos veciños que cando teñan algunha dúbida que depositen os plásticos no contenedor verde, porque así seremos responsables á hora de tratar despois eses envases”.

Por outra banda, Cupeiro sinalou que “estes días estánse a ver máis follas secas das habituais pola rúa, isto débese á avaría que sofriu a barredora. Pídolles comprensión aos veciños diante deste problema que contamos ter solucionado no prazo dunha semana. Tentamos solventar a situación cos traballadores do servizo de limpeza do Concello”.

Exit mobile version