Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo presentou 12 alegacións directas ao POL consensuadas polos grupos políticos

Nota de Prensa / Alegacións

FERNANDO SUÁREZ AGARDA QUE A MAIORÍA DAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS AO POL SEXAN TIDAS EN CONTA POLA XUNTA XA QUE FORON CONSENSUADAS POR TODOS OS GRUPOS POLÍTICOS.

Ribadeo, 5 de outubro de 2010. O Concello enviou hai días á Xunta as alegacións de carácter técnico urbanístico presentadas ao Plan de Ordenación do Litoral e o informe xurídico que cuestiona o momento e o procedemento de aprobación de dito POL. O alcalde, Fernando Suárez, agarda que a maioría sexan tidas en conta pola Xunta xa que foron consensuadas por todos os grupos políticos aínda que na votación en pleno o PP decidiu absterse.

O rexedor lembrou que “hai moi pouquiños días o Concello de Ribadeo presentou por unha amplísima maioría no pleno unha serie de alegacións a este Plan de Ordenación do Litoral que está en fase de aprobación inicial por parte da Xunta e que desde o Concello vimos con certa preocupación. Aínda que sempre digo que o director xeral ten boas palabras con nós a realidade é que no papel non se plasma o mesmo que él nos di verbalmente”.

Suárez Barcia explicou que “unha vez que a Corporación aprobamos estas alegacións paréceme moi importante o traballo que fixeron os técnicos municipais e non é malo dar a coñecer cales foron as alegacións que se fixeron aos núcleos como Rinlo, aos corredores ecolóxicos sobre todo en Vilaselán e Piñeira, na zona da Vilavella, zonas que se consideran urbanas consolidadas pola historia e polo propio desenvolvemento da vila, solos urbanos que están entre a circunvalación e a autovía, lugares importantes a ter en conta como o aeródromo de Vilaframil… en definitiva unha serie de alegacións moi complexas, moi documentadas e como poucos concellos en canto a entregar un material á Xunta cunha chea de fotografías, de planos e de cartografías. Algo que ten que ter en conta o goberno galego porque ademáis vai como alegación tamén un informe xurídico que cuestiona o momento e o procedemento de aprobar este POL”.

O alcalde engadiu que “nós o que queremos, supoño que como calqueroutro concello galego, é que si a Xunta acaba por aprobar o Plan de Ordenación do Litoral que éste non prevaleza por enriba de todo canto se poida aprobar despois como pode ser o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Esperemos que as palabras do director xeral de Sostibilidade e Paisaxe, que sempre son boas, se cheguen a concretar tamén coa estimación senon é total sí da maioría destas alegacións que foron consensuadas por todos os grupos políticos, aínda que logo na votación final o PP quedou á marxe, non votou en contra abstívose, pero contou co respaldo do resto de grupos da Corporación e cando algo conta con moita unanimidade parece que vai políticamente máis reforzado máis aló de toda a razón técnica que estas alegacións teñen”.

Alegacións

DON FERNANDO SUÁREZ BARCIA, ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO  no nome e representación que do mesmo ostenta,e en execución do acordo plenario municipal de data 20 de setembro de 2010,

COMPARECE E EXPON:

Primeiro.-Que con data 30 de xullo de 2010 publicouse no DOG a Orde de 23 de xullo de 2010 pola que se aproba inicialmente o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia, se procede á apertura do trámite de información pública e se adoptan medidas cautelares, sinalándose no mesmo que durante o prazo de dous meses contados a partir da publicación no DOG se somete a información pública con todolos documentos que o integran a fín de que poidan presentarse as alegacións e informes  que se consideren convenientes.

Segundo.- Que por parte do Concello como antecedentes na fase previa á actual, na de aportación de suxerencias, formuláronse, con data  10 de maio de 2010 segundo acordo plenario ao respecto  desa data, como alegacións, elevándoas a acordo corporativo a proposta formulada polos servicios municipais, por unanimidade dos Grupos corporativos, sendo remitido por parte da Alcaldía-Presidencia á Xunta de Galicia coa mesma data.

Terceiro.- Que , efectuada polo Servicio técnico municipal unha primeira comprobación con data 27 de agosto de 2010, en relación ás alegacións que foron formuladas, informouse polo mesmo que non foron aceptadas, e efectuada unha nova revisión con posterioridade, resulta , s.e.u.o, tal e como se manifesta de seguido e se reflicta na documentación que se engade:

ALEGACIONS DE CARACTER TECNICO URBANISTICO

Alegación numero 1.-

Referida aos núcleos preexistentes.

Propoñíase na alegación o seguinte:

“Toma en consideración e respeto dos núcleos rurais preexistentes , definidos nos PXOU E PXOM de 1977 e 1993 respectivamente e consolidados pola historia e práctica urbanística dos últimos trinta anos, respecto aos cales un criterio racional de ampliación é o plantexado no Plano Municipal en elaboración (aprobado inicialmente), e que goza do consenso, neste senso, de todolos Grupos municipais,  respostando a unha ordenación racional, lóxica e sistemática do territorio no ámbito de Ribadeo, e téndose caracterizado este Concello por unha práctica urbanística  regular que ten como consecuencia unha protección efectiva do medio costeiro e que non debe verse prexudicada precisamente por esta circunstancia fronte a outros concellos, polo que os núcleos rurais existentes e que foron reflectidos por planeamentos anteriores deben ser asumidos polo POLGA que se pretende, conforme á planimetría que se aporta.

Igualmente deberiase ter en conta o planeamento do PXOM  de Ribadeo aprobado inicialmente con data 10.03.2008, para que figuren todas aquelas delimitacións dos núcleos rurais e do solo urbano.”

Na aprobación inicial non se tivo en conta esta Alegación polo que se ratifica a mesma integramente nesta fase procedimental, propoñendo cun novo grafiado específico aquelas delimitacións de núcleos que deben ser asumidos polo POLGA e que figuraron nos planeamentos municipais de 1977 , 1993 e o aprobado inicialmente o 10 de marzo de 2008.

Non cabe mante-lo criterio de non recoñecemento, por razons puramente formais dunha interpretación restrictiva , cando a realidade material subxacente obriga a efectuar o correspondente recoñecemento xurídico dentro da clasificación do solo.

Acompañase anexo de documentación técnica dos planos do PXOM de 2008 e dos núcleos do PXOM de 1993.Anexos 1 a 6(ambolos dous incluidos)

Alegación numero 2.-

Referida ao Núcleo de Rinlo e á súa zona.

Propoñíase na alegación o seguinte:

2.-A peculiaridade do Núcleo de RINLO coa cualificación urbanística que se pretende no Plano de Ordenación municipal inicialmente aprobado en 2008, plantexa unhas solucións urbanísticas sostibles que deben ser igualmente mantidos no POLGA, e específicamente os solos urbanos, nas súas diferentes categorías e os solos  urbanizables plantexados son unhos elementos que a través das cesións que se produzan ao Concello poden garantir tanto a protección dos valores que se pretenden como un desenvolvemento urbanístico racional e neste senso se considera que as propostas municipais deben ser igualmente aceptadas.

Na zona de Rinlo, polo tanto, deberíase considerar o núcleo como solo urbano, e polo tanto aqueles solos urbanizables de tipo residencial, deberían considerarse fora do ámbito de aplicación do POLGA, pois trataríase da zona de expansión do solo urbano de Rinlo, e neste senso podería preverse para compatibilizar os presupostos protectores do POLGA co natural desenvolvemento de Rinlo que as zonas verdes se estableceran nos ámbitos protexidos, cumprindo polo tanto o mesmo obxectivo finalista, e poidan ser adquiridas para o Patrimonio público a través do desenvolvemento urbanístico, evitando que se convirtan en zonas abandoadas ou esterqueiros, diante da imposibilidade real de explotacións agrícolas ou gandeiras nesa franxa costeira.”

Toda vez que non se tivo en conta na aprobación inicial a suxerencia formulada é polo que debe ratificarse esta alegación incluíndo un grafiado alternativo e unha regulación diferente a proposta no POLGA que reflicte tanto a realidade existente como unha racionalidade na planificación e ordenación da zona.

Acompáñase anexos num. 2 en que aparece a documentación técnica correspondente a esa zona coa cualificación que segundo o Concello debe manter.

Alegación numero 3.-

Referida aos corredores ecolóxicos.

Propoñíase na alegación o seguinte:

“3.-No que atinxe aos corredores ecolóxicos, compre facer as seguintes consideracións:

a)  Respecto aos que atravesan a autovía A8, é necesario estudiar independentemente cada caso, debido a que o leito do río nalgún caso modificouse e canalizouse, por iso debería ser o PXOM de Ribadeo, o que delimitara a anchura a ter en conta como protección para cada caso.

b)   Aparece igualmente reflectido un corredor ecolóxico, con moito ámbito de protección na zona donde se asentan dúas das empresas maís importantes de Ribadeo (Tubolens e Prebetong), e que afectaría o desenvolvemento futuro da zona clasificada como solo urbanizable de natureza industrial, ademais gran parte deste leito do río atopase canalizado. Neste caso faise imprescindible que se faga un estudo pormenorizado no PXOM de Ribadeo e logo se incorpore o POLGA.

c) Na zona oeste do núcleo de Rinlo, donde se sinala o corredor ecolóxico, debería poder reducirse una vez que se estudie por parte dos redactores do PXOM a realidad material do citado corredor, de tal xeito que por tratarse dun núcleo urbano se conciba e hamonice con esta dimensión.

d) No caso do rio de Vilaselan, deberíase tamen incorporar un estudio pormenorizado polo Polga e co contido do PXOM de Ribadeo, pois este río foi atravesado pola autovía A8 e polo vial de circunvalación de Ribadeo, ademais que atravesa a antiga CN-634 e pasa por solo urbano. En todos estes casos o rio está canalizado, debendo reflectirse estas situacións.

Se efectuou unha variación dos corredores ecolóxicos respecto do avance do POLGA cun aumento e reducción noutros casos.  Compre ratificar a alegación respecto ao resto dos ríos que atravesan a autovía A-8 xa que unicamente se modificou o Rego de Vilaselán que quedou sen protección.

.

Alegación numero 4.-

Referida á Zona de A Vilavella.

Propoñíase na alegación o seguinte:

4.- Se considera que  o carácter urbano de determinadas zonas consolidadas pola historia e polo propio desenvolvemento da Vila como é o caso da zona de A Vilavella, que foi o núcleo orixinario de Ribadeo, implican que os ámbitos urbanos desa zona tanto protexidos por títulos xurídicos de carácter histórico-cultural como paisaxístico e precisos para o desenvolvemento articulado de solos urbanos e urbanizables, manteñan a clasificación aprobada inicialmente pola Corporación, considerando na súa plenitude solos urbanos e urbanizables os que viñeron tendo esta clasificación tanto nos planeamentos aprobados e vixentes anteriormente como no aprobado inicialmente.

Na aprobación inicial efectuada, despois do repaso dos planos a consideración de A Vilavella como zona urbana debe manterse para no prexudicar  gravemente os intereses dos veciños residentes xa que outra cualificacion  non respostaría a unha lóxica urbanística , nin  histórica ,respecto á zona que pode manter unhas peculiaridades constructivas propias do específico solo urbano en que se ubica , pero que non debe ter ese carácter de zona de protección costeira xa que ademais as zonas públicas están destinadas a equipamento (Paseo peonil) e son xa de propiedade pública unha vez verificadas as cesións e expropiacións correspondentes o que foi efectuado con anterioridade a aprobación inicial do POLGA atopandose as obras en execución.

Alegación numero 5.-

Referida ao ámbito do solo urbano entre a Autovía e a Circunvalación.

Propoñíase na alegación o seguinte:

“5.-Compre sinalar que debe considerarse como solo urbano ou urbanizable sen excepcións de todo o ámbito comprendido asimesmo entre a circunvalación de Ribadeo e a Autovía do Cantábrico, zonas naturais de expansión do núcleo urbano actualmente existente sen prexuízo de que dentro do propio Plano de Ordenación, determinadas zonas situadas ao bordo da Circunvalación ou Autovía teñan unha  clasificación vinculada a areas de actuación ou polígonos incluso con discontinuidade para a súa posterior incorporación ao Patrimonio Público con cargo aos ámbitos de actuacións correspondentes. Entrarían dentro desta consideración asimesmo as zonas existentes dentro do núcleo urbano de Ribadeo, debido a que durante nove anos (de 1993 a 2002), estiivo vixente o PXOU de 1993, que calificaba como solos urbanos os colindantes co cemiterio municipal, e que agora no novo PXOM de 2008 segundo os criterios da Xunta de Galicia, debense calificar como solos urbanizables. Estes terreos debense considerar como solo urbano, e por tanto non incluirse dentro da zona protexida polo POL.

Acompáñase anexo 4 coa cualificación que segundo o criterio do Concello debe manterse para ese ámbito que se atopa a mais axeitada dende a racionalidade urbanística.

Polo que atinxe á zona de Vilaselan, atopámonos cunhos terreos colindantes co solo urbano, limítrofes, que foron divididos artificialmente pola Autovía do Cantábrico  que quebrou a natural articulación histórica dos mesmos co casco urbano desenvolvido da Vila, e que a criterio do Concello deben ser solo urbano, nembargantes o  Servizo de Urbanismo da Xunta de Galicia consideraos como núcleo rural. Esta zona que se atopa delimitada entre o solo urbano de Ribadeo e o xacemento de Louselas (SRPPC), debe considerarse fora do espacio de protección do POL, pois no lado este linda co Forte de San Damian (solo urbano), no lado norte co xacemento de Louselas (SRPPC), no lado oeste con núcleo rural de Vilaselán, e no lado sur coa autovía A-8.”

Acompáñase anexo 3 coa cualificación que segundo o criterio do Concello debe manterse para ese ámbito que se atopa a mais axeitada dende a racionalidade urbanística.

Alegación numero 6.-

Referida ao Parque Industrial de Ribadeo.

Propoñíase na alegación o seguinte:

“6. Debe aparecer reflectido o Parque Industrial de Ribadeo, segundo o Plan Sectorial de Incidencia Supramunicipal  aprobado pola Xunta de Galicia e que constitue un Instrumento de Ordenación Territorial, que se atopa en execución e pendentes de remate, e que non aparece recollido nos documentos expostos ao público.”

Faise constar que non se atopa afectado polo POLGA pero tampouco aparece reflectido, cando se trata dun plan aprobado pola Xunta de Galicia e dunha importante infraestructura promovida por SEPES e o Concello e tramitada, como se ten sinalado aprobado por un Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal.

Acompáñase anexo 3 coa cualificación correspondente.

Alegación numero 7.-

Referida a zonas boscosas

Propoñíase na alegación o seguinte:

“7.- Algunhas das zonas de protección sinaladas como bosque, non son tales polo que deberíase facer un estudo pormenorizado no POLGA respecto dos contados do PXOM, e incorporar aquelas que sexa necesario protexer.Se considera que non debe efectuarse no ámbito costeiro unha protección boscosa que impida a contemplación e harmonía da paisaxe, toda vez que na maioría das ocasións se trata de eucaliptos ou piñeiros, e non de árbores autóctonas.”

Alegación numero 8.-

Referida á Disposición transitoria do POLGA

Propoñíase na alegación o seguinte:

“8.- Debería recollerse no POLGA una disposición transitoria donde se teña en conta toda a planimetría que se aprobe definitivamente co PXOM, de tal xeito que exista unha concordancia entre o propio acto autorizatorio da Comunidade Autónoma de aprobación do Plan Xeral de Ribadeo e o propio POLGA, para evitar discordancias.”

S.e.u.o. non aparece a Disposición Transitoria solicitada, debendo manterse polo tanto a suxerencia formulada no seu momento.Nas alegacións xurídicas, polo miudo motivase a necesidade dunha disposición transitoria do POLGA que contemple  os aspectos referidos e específicamente o tratamento diferenciado dos núcleos rurais.

Alegación numero 9.-

Referida á coincidencia de delimitación do proxecto Rede Natura co POLGA

Propoñíase na alegación o seguinte:

“9.- A zona de protección costeira, debería coincidir coa delimitación do Proxecto de Rede Natura 2000, evitando superposicións de normativas con distinto ámbito físico que ocasionan distorsións e contradiccións para a adecuada xestión administrativa e protección efectiva do ben xurídico protexido.”

Sinálase a delimitación da Rede Natura 2000 dentro da zona de protección costeira na aprobación inicial.

Alegación numero 10.-

Referida á respecto ás clasificacións de solo e usos previstos para a area de Vilaselán.

Propoñíase na alegación o seguinte:

“10.-De conformidade co informado pola Xunta de Galicia no Informe previo á aprobación inicial, do ano 2006, e como acto propio desa Administración debe manterse sen engadir novas limitacións as clasificacións de Solo e os usos previstos para a area de Vilaselán.”

Non se tivo en conta na aprobación inicial a suxerencia formulada polo que debe ratificarse esta alegación incluíndo un grafiado alternativo e unha regulación diferente a proposta no POLGA que reflicte tanto a realidade existente como unha racionalidade na planificación e ordenación da zona, tendo en conta ademáis que foi un criterio asumido pola propia Comunidade Autónoma no informe previo á aprobación inicial.

Acompáñase anexo 3 coa cualificación correspondente.

Alegación numero 11.-

Referida á zonas verdes das areas costeiras inmediatas a solos urbanos ou urbanizables de Ribadeo e Rinlo.

Propoñíase na alegación o seguinte:

“11.- Debe considerarse como zonas verdes das áreas costeiras inmediatas a solos urbanos ou urbanizables de Ribadeo e Rinlo, para que poidan computar a efectos urbanísticos en polígonos ou áreas de actuacións para non prexudicar aos seus titulares e favorecer a incorporación ao Patrimonio público.”

Non se tivo en conta na aprobación inicial esta alegación polo que que debe ratificarse esta alegación incluíndo un grafiado alternativo e unha regulación diferente a proposta no POLGA que reflicte tanto a realidade existente como unha racionalidade na planificación e ordenación da zona, e que pode representar unha posibilidade efectiva de incorporación ao Patrimonio público de zonas costeiras evitando que se convirtan en zonas urbanísticamente inedificables e simultáneamente abandonadas pola propiedade das mesmas, enchéndose de maleza, evitando o abandono das mesmas, a tenor da práctica imposibilidade de actividades agrícolas ou gandeiras como se ven tendo acreditado.

O Concello , especialmente nos ambitos próximos a solos de núcleo rural , solos urbanos ou solos urbanizables entende necesario se posibilite unha clasificación do solo que , mantendo o carácter de que se trate, posibilite a súa incorporación aos ambitos de xestión urbanística, posibilitando de xeito progresivo unha incorporación da primeira franxa litoral ao patrimonio público , unha publificación efectiva da mesma creando areas que sin ser urbanizadas cheguen a ser de titularidade pública permitan a preservación e disfrute da costa baixo esta dimensión.

Considerase que un xeito adecuado e a traves dunha clasificación que permita o xogo desas superficies no proceso urbanístico, evitando a necesidade de expropiación das mesmas e favorecendo asimesmo aos propietarios sobre os que, doutro xeito recaería a carga do rexime de protección sen favorecerse un proceso de equidistribución de beneficios e cargas, como plantexa a lexislación urbanística.

Alegación numero 12.-

Referida ao  Aeródromo de Vilaframil.

Propoñíase na alegación o seguinte:

“12. Compre manter a existencia e garantir o desenvolvemento da estrutura aeronautica existente no Aeródromo de Vilaframil, que é utilizado tanto para usos aficionados, deportivos como potencialmente capaz para actuacións de emerxencia, mantemento de aeronaves, etc.Debe permitirse neste senso, a través do réxime xurídico apropiado que os usos existentes, únicos en toda a costa lucense, poidan seguir desenvolvéndose sen trabas , de tal xeito que as novas instalacións aeroportuarias e construccións tales como torres de control, hangares, almacéns ou talleres de mantemento vencellados ao uso aéreo, poidan instalarse nese territorio, tendo en conta que nunca se vai tratar de usos residenciais, senon específica e directamente vencellados ao sector aeronáutico.”

Non se tivo en conta na aprobación inicial esta alegación polo que que debe ratificarse esta alegación incluíndo un grafiado alternativo e unha regulación diferente a proposta no POLGA que reflicte tanto a realidade existente como unha racionalidade na planificación e ordenación da zona, que reflicte o equipamento existente aínda que teña carácter privado como infraestructura adicada á navegación aérea e que permita o uso vencellado ao tráfico e usos aeronáuticos (instalacións, hangares, talleres, servicio de mantemento, etc.).

Tratase dun equipamento que , ainda que teña caracter privado, constitue un elemento importante, por ser a unica infraestructura de tipo aeronautico existente en toda a costa norte de Galicia, con funcions recreativas na actualidade, pero que tamen pode desempeñar outras en determinadas situacións de emerxencia ou necesidade. Compre garantir asimesmo que non se atope nunha situación que impida o seu desenvolvemento posterior, nos termos respecto aos que se formularon as suxerencias que se reiteran.

Acompáñase anexo número 2 donde aparece coa cualificación correspondente.

Cuarto.- ALEGACIONS DE CARACTER TÉCNICO XURÍDICO

Primeira._

No que atinxe á  naturaleza xurídica do POLGA , que ten un caracter complexo, pola súa propia inserción no conxunto da normativa , compre sinalar que  a tenor da evolución normativa deste tipo de instrumento foi a seguinte:

a)Na DT 8 da Lei 9/2002 (LOUGA)   , efectuabase unha previsión de que, despois da entrada en vigor da mesma, no prazo dun ano a Xunta remitiría o documento de aprobación provisional das directrices de Ordenación do Territorio e no prazo de dous anos un POLGA.

b)Segundo  o art.2 da Lei 6/2007 de 11 de maio o POLGA terá a natureza de Plan territorial integrado sen vincular a súa aprobación ás directrices de Ordenación do Territorio.

Compre sinalar aque nese artigo 2 entre outros extremos se establece que as determinacións do POLGA serán directamente aplicables e prevalecerán de xeito inmediato sobre as do planeamento urbanistico que terán que ser obxecto de adaptación.

Na referida Lei 6/2007, o POLGA  se consideraba como Plan Territorial Integrado e segundo o artigo 12 da Lei de Ordenación do Territorio de Galicia (LOTGA), en desenvolvemento  das direcrices de Ordenación do territorio poderán formularse planes territoriais integrados, dirixidos á organización de areas supramunicipais de caracteristicas homoxéneas, e de aquelas que polo seu tamaño e relacións funcionais precisen dunha planificación infraestrutural de equipamentos e recursos comarcais e de carácter integrado; sinalábase tamén que cando circunstancias non previstas nas directrices o aconsellasen o Consello da Xunta podería acordar a elabouración dun Plan Territorial Integrado sinalando o seu ámbito e os obxectivos principais a alcanzar.

c)O actual POLGA elaborouse , baseándose na interpretación do referido artigo 12 da LOTGA baseándose en que se podería aprobar un Plan territorial integrado en ausencia de directrices e baseado en “circunstancias non previstas” efectuando unha interpretación á Xunta de Galicia favorable á aprobación de Plans integrados en ausencia de directrices, extremo que pode considerarse dubidoso toda vez que supón considerar a totalidade do litoral de Galicia como área xeográfica supramunicipal de características homoxéneas, e elabourar un Plan integrado en ausencia de directrices. Dende un exame en profundidade, é posible que debera terse feito  ou ben unha modificación da LOTGA que posibilitase diretamente un Plan integrado ou unhas DOT adicadas ao litoral,  e parece unha interpretación forzada a que se efectúa no POLGA con base no disposto na Lei 6/2007, toda vez que se quebra ,  en principio, o sistema xerárquico determinado por unha Lei , a LOTGA, que con carácter xeral establece as Directrices de Ordenación do Territorio que deberán ser desenvolvidas por Planes territoriales integrados, e realmente a Ordenación do litoral non é nin pode ser, dito respectuosamente, unha circunstancia non prevista nas directrices de Ordenación do Territorio de Galicia.

Segunda.-

A introducción dun criterio de conveniencia, de discrecionalidade, do organo de goberno porque considere “conveniente” aprobar un Plan Territorial,baixo a cobertura dun PTI, sen Directrices previas, pode non ter o soporte legal suficiente, por alterar o sistema xerarquico de normas , aprobando unha  norma que baixo a cobertura dun PTI,que en esencia  é de caracter regulamentario, ordena urbanísticamente o territorio da totalidade dos concellos litorais de Galicia sen a cobertura dunha con rango de lei especifica , de caracter superior para o ambito que se trata de desenvolver e coherente co conxunto do ordenamento urbanistico.

Tal circunstancia ademáis é contradictoria coa propia aprobación efectuada, inicialmente das directrices de Ordenación do territorio e polo tanto, debería terse agardado á súa aprobación definitiva para escalonadamente, aprobar en desenvolvemento das mesmas por imperativo legal as súas determinacións a través dos Planes territoriales integrados correspondentes, e a “rixidez” indesexable que se manifesta é , en sintese ,  o esquema que o lexislador do ano 1995 decidiu establecer , cunha xerarquía ou modelo que na aplicación que agora se efectua co POLGA, contradí o esquema xeral de planeamento que parte de que un Plan parcial é desenvolvemento dun Plan Xeral e non ao revés.

O 30/06/2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia a aprobación inicial das Directrices de Ordenación do Territorio e o inicio do periodo de información pública, que tivo unha duración de dous (2) meses dende o día da citada publicación, non estando definitivamente aprobadas.

Produciuse polo tanto, práticamente un solapamento entre o procedemento de aprobación das directrices e do propio POLGA que debería deixar en suspenso este último ata que as primeiras sexan aprobadas definitivamente.

Terceira.- Como consecuencia das  cualificacións concretas establecidas para Ribadeo, producese no ambito litoral unha extensión indebida da zona de interese autonómico por este titulo , mais alá dos 500 m.,en moitas ocasións , e coa consecuencia de que se valeira  de contido a capacidade de clasificación do solo da entidade local no exercicio da facultade de planeamento , precisamente porque  establecido legalmente que as determinacións do POLGA serán directamente aplicables e prevalecerán de xeito inmediato sobre as do planeamento urbanistico que terán que ser obxecto de adaptación, si elo sucede ainda para plans definitivamente aprobados, maior incidencia terá para unha situación como a de Ribadeo en que o Plan Xeral so foi obxecto de aprobación inicial, e o Plan vixente , de 1977, ainda que pioneiro , non se atopa adaptado á vixente normativa.

Cuarta.-As determinacións do POLGA respecto do territorio de Ribadeo ao carecer da cobertura legal previa precisa, poden infrinxir en diversas zonas do territorio os mandatos tanto da LOTGA como da norma básica autonómica en materia de urbanismo e protección do medio rural de Galicia xa que o POLGA, ao clasifica-lo solo, non en virtude da natureza urbanística material e xurídica do mesmo, senon dos propios criterios que o presiden ao marxe da participación dos interesados, altera a configuración legal dos dereitos urbanísticos dos propietarios dos terreos establecendo un cambio urbanístico das suas situacións sen aterse ao procedemento legalmente establecido , e xerando, polo tanto a lo menos como posibilidade ,a indemnizatoria , por tratarse non dun cambio de planeamento ,  senon do establecemento de imposicións singulares contra o réxime urbanístico aplicable.Ao mesmo tempo, segundo o  art.59.3. condiciona, sen rango legal para facelo,o planeamento ao sinalar con notable ambiguidade unha referencia aos modelos tipoloxicos que integren os principios criterios e normas xerais”perseguidas”para cada elemento do modelo territorial do Plan, sen ter en conta  nomeadamente as diferentes características de Ribadeo respecto a outros términos municipais e a outras pàrtes da Comunidade Autonoma cuxas características litorais son heteroxeneas.

O apartado 4º  do art.59, pola sua ambiguidade pode condicionar tamén gravemente os desenvolvementos urbanísticos do casco urban de Ribadeo e as súas inmediacións favorecendo elementos de discrecionalidade en detrimento administrativa da vontade democrática que reflicta un planeamento municipal e do principio de respecto á autonomia local no planeamento.

Quinta.-

Faise mencion no art.3 da normativa do POLGA  a forza vinculante congruente coa funcionalidade do mesmo e a que o planeamento urbanistico está xerárquicamente vencellado a este plan e deberá redactarse en coherencia co seu contido.

Nembargantes ainda que no apartado cuarto se dí que o POLGA non efectua clasificación do solo ,é un argumento falaz: do mesmo xeito dí a continuación que serán os Concellos os que no momento de adaptación ou revisión do seu planeamento clasifiquen o solo en coherencia co POLGA, e polo tanto a función de clasificación do solo é meramente material o imporse na practica aos Concellos una función puramente executiva das determinacións do POLGA.

Tratase polo tanto dunha apariencia de respecto as facultades municipais pero que se desvirtua pola propia normativa e orientación do POLGA. Non pode efectuar clasificación material do solo, pero condiciona de xeito irreversible a clasificación que poida facer o Concello,e polo xogo dos informes vinculantes cercena absolutamente a autonomía municipal de clasificación ao establecer unhos elementos que favorecen a discrecionalidade tecnico-administrativa  autonómica  na aprobación dos planeamentos fronte as decisións democráticamente adoptadas por organos de elección popular, como é o pleno corporativo.

O art.59 ao que se ten feito mención introduce elementos e consideracións que supoñen un grave prexuizo para este término municipal ao partir da consideración “dos asentamentos realizada no presente Plan e recollida na súa cartografía”

Sexta.-

A desnaturalización do plan territorial integrado ven dado polas previsións da propia LOT de Galicia que se ben establece a posibilidade de aprobación en ausencia de Directrices de Ordenación do Territorio, estructura os PTI en dous grandes grupos:

1.1-PTI dictados en desenvolvemento das DOT dirixidos a organización de areas xeográficas supramunicipales de características homoxeneas (dificilmente o POLGA, ainda existindo DOT pode organizar todo o litoral atlántico e cantábrico como area xeográfica supramunicipal homoxenea, xa que, obxectivamente pouco ten que ver o modelo de asentamento no litoral de Galicia entre as Rías Baixas e As Altas ou nas zonas metropolitanas de Coruña, Vigo e Ferrol, coas vilas e cidades cantábricas, tanto no asentamento no territorio como na problemática da sostibilidade)

1.2.-PTI dictados en desenvolvemento das DOT con obxecto de organizar areas que polo seu tamaño, relacións funcionais , precisen  dunha planificación infraestructural,de equipamentos e recursos de ambito comarcal e de carácter integrado.

(tampouco neste caso un POLGA con todo o ambito da CCAA pode considerarse o instrumento axeitado, que si podería ser,existindo DOT como exemplo, un Plan para a Mariña Lucense)

1.3.PTI dictados sen DOT cando o aconsellen circunstancias non previstas nas DOT.

E obvio que para a apreciación  de se trata de circunstancias non previstas nas DOT deben estar aprobadas definitivamente as mesmas,tal e como é a dicción literal da norma.Pola contra, sería precisamente nas DOT donde se determinen algunhas das características básicas da ordenación litoral, efectuandose no seu caso mediante os PTI correspondentes os desenvolvementos precisos.

Setima.-

A propia normativa reguladora dos PTI está a establecer respecto a súa funcionalidade,e contido un réxime que non corresponde a un POLGA como o aprobado inicialmente:

“Artículo 12. Funcionalidad.

1. En desarrollo de las directrices de ordenación del territorio podrán formularse planes territoriales integrados dirigidos a la organización de áreas geográficas supramunicipales de características homogéneas o de aquellas que, por su tamaño y relaciones funcionales, precisen de una planificación infraestructural, de equipamientos y recursos de ámbito comarcal, y de carácter integrado.

2. Cuando circunstancias no previstas en las directrices lo aconsejen, el Consejo de la Junta de Galicia podrá acordar la elaboración de un plan territorial integrado, señalando su ámbito territorial y los objetivos principales a alcanzar.

Artículo 13. Contenido.

Los planes territoriales integrados contendrán los documentos gráficos y escritos que sean necesarios para reflejar las siguientes determinaciones:

a.    Diagnóstico territorial del área, en especial en lo referente a los recursos naturales, población, planeamiento vigente y situación socioeconómica.

b.    Definición de los objetivos de la ordenación, con especial atención al estudio de las posibilidades de desarrollo socioeconómico.

c.    Señalamiento de los espacios aptos para servir de soporte a las grandes infraestructuras, determinando la ubicación y características de aquellas que deban crearse o modificarse para potenciar el desarrollo socioeconómico comarcal.

d.    Definición de la ubicación de los equipamientos de interés común para el área o zona objeto del plan.

e.    Criterios, principios y normas generales que constituyan el referente para la ordenación urbanística municipal.

f.      Recomendaciones y propuestas relativas a los espacios que deban ser objeto de remodelación, regeneración o rehabilitación, a fin de evitar su degradación o conseguir su recuperación para usos, total o parcialmente, distintos.

g.    Estimación ponderada de las superficies de suelo que deban reservarse con destino a alguna de las siguientes finalidades:

o    Construcción de viviendas de protección oficial, tanto de promoción pública como privada, o de cualesquiera otras que en el futuro pudiesen ser limitadas en su precio final mediante regulación específica.

o    Promoción pública de suelo industrial al objeto de posibilitar la formación de polígonos urbanizados.

h.    Determinación de aquellos servicios que deban o puedan crearse para común utilización de los municipios incluidos en el ámbito del plan.

i.      Determinaciones tendentes a evitar desequilibrios funcionales en zonas limítrofes de distintos municipios.

j.      Creación de medidas de apoyo encaminadas a incentivar actuaciones que favorezcan la consecución de los objetivos fijados en las directrices de ordenación del territorio y en el propio plan.

k.    Criterios, normas y principios necesarios para el desarrollo de sus determinaciones.

Artículo 14. Eficacia.

1. Las determinaciones de los planes territoriales integrados tendrán, en todo caso, la fuerza vinculante que sea congruente con su funcionalidad y expresarán de forma clara e inequívoca el alcance con que habrán de operar.

2. Los planes de desarrollo comarcal se ajustarán a las directrices de ordenación del territorio y a los planes territoriales integrados que total o parcialmente les afecten y, en su caso, se revisarán para ajustar a éstos sus determinaciones en el plazo y mediante el procedimiento que reglamentariamente se establezca.

3. Cuando los planes territoriales integrados incidan sobre planes urbanísticos ya existentes, el acuerdo de aprobación definitiva de aquéllos precisará, necesariamente, los puntos concretos en los que éstos quedan modificados, sin perjuicio de que los municipios afectados puedan incoar los procedimientos precisos para adaptarlos a las determinaciones de aquéllos.

Artículo 15. Procedimiento.

1. Corresponde al Consejo de la Junta acordar la iniciación del procedimiento de su elaboración. El acuerdo será motivado, señalará las causas que lo justifiquen y determinará la Consejería competente para la elaboración y dirección del procedimiento, así como aquellos otros departamentos que tengan que participar en el mismo.

El acuerdo, que habrá  de ser publicado en el Diario Oficial de Galicia y, al menos, en dos periódicos de los de mayor circulación en la Comunidad Autónoma, se notificará, además, a los ayuntamientos afectados y a la Diputación provincial respectiva.

2. Redactado el plan territorial y antes de su aprobación inicial por el departamento director del procedimiento, se someterá  a informe de las corporaciones locales referidas en el número anterior y de las entidades de carácter supramunicipal con incidencia en el área, que lo evacuarán en el plazo máximo de dos meses.

3. Con el acuerdo de aprobación inicial se adoptará el de apertura del trámite de información pública por un período de dos meses, y se solicitará  informe de la Delegación del Gobierno, que habrá de evacuarlo en igual plazo.

4. La Consejería que hubiese otorgado su aprobación inicial, a la vista del resultado de la información pública y de los informes producidos, acordará  la aprobación provisional con las modificaciones que, en su caso, procedan. Si con motivo de las alegaciones formuladas o de los informes evacuados tuviesen que introducirse modificaciones sustanciales en relación con el documento aprobado inicialmente, podrá disponer un nuevo período de información y consulta de igual duración que el anterior.

5. Después de la aprobación provisional, corresponde al departamento que la hubiese otorgado su elevación al Consejo de la Junta de Galicia para su aprobación definitiva mediante Decreto.”

Tense suliñado aqueles parrafos da normativa vixente reguladora dos PTI que indican claramente a súa natureza, que é para un area ou zona supramunicipal, pero ,como se deduce do texto legal , non para a totalidade do territorio litoral da Comunidade Autónoma. Por elo a documentación referida a Ribadeo carece dos elementos precisos para que poida corresponder a un PTI, e realmente o aportado a este Concello ten mais semellanza con outro tipo de plan-norma que cun instrumento de ordenación territorial.

Oitava.-  Os PTI se plantexan na lexislación como instrumentos de previsión e planificación da actuación administrativa sobre o territorio coa subseguinte planificación das infraestructuras, equipamentos, implantación ou relocalización de actividades non sendo o seu obxecto, polo tanto, a protección ambiental ou paisaxística, que deberá vir establecida na lexislación e no seu caso e en plasmación da mesma, nunhas DOT, sendo polo tanto un elemento condicionante dos PTI, e polo tanto do POLGA, e un aspecto a contemplar pero non o seu obxecto, xa que segundo a norma sería básicamente a implantación de infraestruturas, e polo tanto o obxecto do POLGA excede do previsto para un instrumento como é un Plan Territorial integrado, non sendo en consecuencia, posible a ordenación do litoral a través dun PTI, que carece de rango para elo.

Novena.-   Non lle corresponde ao POLGA como PTI abarcar o contido  que a Lei prevé para unhas DOT establecendo as áreas de protección ambiental nas que non será posible o desenvolvemento de actividades urbanísticas, estricto senso, e que se destinarán tanto á protección como á explotación dos recursos naturais (artigo 7 LOTG). Excede polo tanto o POLGA do contido que a Lei establece e ademais ao non terse aprobado definitivamente unhas DOT precisamente tampouco pode terse en conta as súas determinacións ata que unhas DOT ( ou unha DOT específica do litoral) marquen cales son.

Décima.-  O artigo 4 j)  do POLGA que lle atribúe a función de fixacción das directrices para a ordenación territorial dos municipios costeiros implica asumir funcions propias dunha DOT pero lle estaría vedado, pola sua natureza, entrar en materias, ou facelo contradictoriamente, respecto ao preceptuado na DOT ou na lexislación urbanística ordinaria,(LOUGA)contindo ademais unha discutible técnica ao desprazar contidos regulamentarios, mais propios da LOUGA ou dun Regulamento da mesma, a un PTI.

Décima.-  Do POLGA estase a derivar unha lesión de gravedade á autonomía municipal do artigo 6. 1 toda vez que se establece un marco normativo que pola súa especificidade o baleira de contido e non sinala para cada Plan concreto (específicamente para Ribadeo respecto ao seu Plan vixente, de 1977) cales son as modificacións concretas que trae consigo.  Precisamente polo propio carácter de PTI do POLGA determinado en suma e en síntese polo contido do artigo 14 da LOTGA , a articulación dos Plans municipais dese instrumento que é o PTI debe conter as determinacións concretas de modificación sobre o Plan urbanístico existente e non contendo respecto ao Plan de 1977 de Ribadeo que contemplaba o seu propio sistema de núcleos rurais, solos urbanizables, etc. etc. e ao carecer o Concello dun nivel de referencia concreto e determinado como o esixido legalmente , créase unha indefensión á entidade local que non pode coñecer prácticamente , agás vagas referencias, e as puramente derivadas da planimetría, cales son os puntos concretos en que o Plan vixente queda modificado

Undécima.-  Aparece o POLGA como unha infracción do artigo 7.2 da LOTGA xa que é algo mais que un elemento de ordenación procedimental que incorpora un contido esencial que non pode cercenar o reducto irreductible da autonomía municipal en materia de planeamento e clasificación do solo.

O artigo 6. 1 do POLGA pode infrinxir o artigo 7.2 da LOTGA ao impedir a través da consecución dos obxectivos do POLGA e en ausencia dunhas DOT  a xestión dos intereses propios dos Concellos, impedindo a autonomía local no ámbito específico da Ordenación urbanística do litoral (artigo 6.1 e 32).

Duodécima.- Por tratarse en definitiva e como consecuencia da definición do estatus da propiedade inmobiliaria da totalidade na práctica do litoral de Galicia a discrecionalidade do POLGA implícita no seu contido, contradí os artigos 54 e ss. da LOUGA que esixe unha pormenorización respecto aos usos do solo tendo que ser en puridade o planeamento urbanístico o que en definitiva encha de contido os mesmos, segundo a clase e categoría de solo e baixo o estricto principio de legalidade, e tendo en conta o carácter regulado e non discrecional que vai derivarse dos actos de outorgamento de licencias ou autorizacións, polo que non cabe o establecemento, á marxe dunha lei ou do planeamento territorial (co seu proceso ínsito de participación pública) e a través dunha pura decisión administrativa ou autorizatoria o desprazamento da responsabilidade da decisión de admisibilidade de usos.

Independentemente de que segundo a regulación que se estableza, sexan os Concellos ou a Xunta quen outorgue as autorizacións ou licencias no ámbito do litoral (segundo o POLGA neste ámbito será ordinariamente a Xunta) debe existir unha previsión normativa explícita e dabondo motivada que permita as actuacións de que se trate dun xeito inequívoco e , pola propia natureza do POLGA, que é un PTI debían vir xa pre-definidas antes da aprobación do mesmo, por unha norma con rango dabondo.

Decimoterceira.- O POLGA non debería conter categorías mais restrictivas que a propia LOUGA nin proceder a establecer novas tipoloxías de “ asentamentos” senon que debería corresponder á algunhas das categorías da LOUGA explícitamente ou vir precedido dunha modificación da mesma, que puido terse feito no anto 2010, incluíndoa, no seu caso, na levada a cabo.Tampouco debe ter cabida , agás no marco dunha lei , expresións como as introducidas no ultimo parrafo do art.47 ao establecer contra a propia LOUGA e as suas disposicións que respecto a usos permitidos será de aplicación o mais restrictivo dos supostos, cando polo principio favor libertatis debe ser exactamente ao contrario, e se atopa consagrado por constante xurisprudencia.

Décimocuarta.  Polo propio carácter de PTI o estudio económico debería ser un elemento básico para o estudio da propia viabilidade do POLGA pero específicamente para Ribadeo carece de previsión de actuacións concretas, o que o invalida radicalmente, de conformidade coa constante xurisprudencia de anulación de plans e planeamentos ,tanto do Tribunal Supremo, como no que atinxe a planeamentos do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, anulandoos pola carencia de estudio económico; No que atinxe a Ribadeo carecese deste estudio e non é posible determinar a viabilidade do mesmo.

Polo tanto atópase incurso nunha causa de nulidade ao carecer do soporte económico preciso para as actuacións a desenvolver no municipio.

Décimoquinta.-  Carece o POLGA dun réxime transitorio que recoñeza a realidade material dos núcleos rurais preexistentes en Ribadeo (noutros lugares tamén) a entrada en vigor do POLGA, e polo tanto non se produce un respecto ás realidades xurídico-materiais anteriores efectuando unha clasificación material do solo á marxe da auténtica natureza do mesmo, nestes puntos, polo que adoece dunha inexactitude xurídico-técnica que invalida neste senso as súas determinacións.

Compre sinalar que os núcleos rurais de Ribadeo, contemplados no Plan de 1993 formaban parte dun Plan aprobado pola Xunta de Galicia, específicamente polo acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Lugo de 5 de novembro de 1993 polo que se otorgou aprobación definitiva ao expediente de  adaptación e revisión do PXOM de Ribadeo. O referido Plan rexiu entre 1993 e a súa anulación-por razons de forma, e non de fondo, de ausencia de quórum legalmente esixible nun acordo municipal- desenvolvendose os núcleos rurais conforme a lexislación urbanística e planeamento municipal vixente ,dende 1993 ata a sentencia do Tribunal Supremo do ano 2002 – case nove anos- que non poden ser descoñecidos nos seus efectos , e adoptar xa que logo en consonancia , as medidas precisas para que tal realidade material e xurídica previa despregue os seus efectos no POLGA, non deixando

En virtude do que antecede, SOLICÍTASE á Consellería:

PRIMEIRO.-Que se teñan en conta as presentes alegacións  e se modifique para Ribadeo o POLGA de conformidade coas alegacións efectuadas por este Concello, que se reflictan neste escrito e na planimetría e documentacion que se acompaña , incorporandose ao POLGA as determinacións, cualificacións e planimetría aportado polo Concello, alterando o aprobado inicialmente.

SEGUNDO.-Solicitase tamén a suspensión da tramitación en curso e que se leve a cabo unha nova exposición pública, dun novo POLGA unha vez aprobadas definitivamente as Directrices de Ordenación do Territorio , cunha nova normativa respectuosa da autonomía municipal modificando  o seu contido.

Tal petición ten ademáis o seu amparo legal nas propias determinacións da normativa de Ordenación Territorial.

TERCEIRO.- Que, subsidiariamente de acordo co art.15.4 da LOTG se proceda a tenor da natureza das alegacións formuladas que obrigan a introducir modificacións sustanciais e relación co documento aprobado inicialmente, se dispoña un novo período de información pública e consulta de igual duración que o anterior.

Ribadeo, 29 de setembro de 2010.

Asdo. FERNANDO SUÁREZ BARCIA

ALCALDE-PRESIDENTE

Exit mobile version